26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO: MERCADO SOLIDARIO



Coa axuda das alumnas voluntarias da Augateca,  durante o recreo  realizouse  o “Mercado Solidario de Libros” no que se podían adquirir exemplares cambiándoos por outros ou ben por algún alimento non perecedoiro. En total intercambiáronse 152 libros e recadouse unha cantidade de 70 euros que foron invertidos na adquisición de comida. Os fondos obtidos  destinaránse a colaborar co banco de alimentos  que xestiona a ONG Ponte Solidario de Ponteareas.

       Preme na imaxe para acceder á galería
http://photopeach.com/album/15cvgl2









O Director, Carlos Barros  fai entrega da doazón a Saínza González Barros, representante de Ponte Solidario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario