30 de setembro de 2020

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

CONCURSOS EN LINGUA GALEGA

XIX Concurso de relato oral: Tíralle da lingua. Pode participar o alumnado que estude ESO e ensino postobrigatorio presentando unha gravación de menos de 5 minutos onde conte historias de base popular, de base literaria ou creación propia. As historias contaranse en galego e deberán enviarse antes do 26 de outubro ao correo videosgalego@gmail.com. Concederase un primeiro premio de 250 euros e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros.


Premios Youtubeiros 2020. Poden participar os maiores de 14 anos presentando un vídeo, varios vídeos ou unha canle de Youtube en galego antes do 23 de outubro. Débese cubrir un formulario de inscrición no seguinte enlace: https://youtubeiras.gal/Inscricion/
Establécense 12 premios: tres principais, valorados en 1000 euros cada un; e nove premios de 500 cada un.
Pódense consultar as bases en https://youtubeiras.gal/Bases
 
 
XXXIII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020. 

Poden participar os maiores de 18 anos presentando un poemario cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800, en galego, antes do 23 de outubro.
Establécese un premio de 2500 euros e a publicación da obra.

Pódense consultar as bases na imaxe que se achega.👇👀



29 de setembro de 2020

UN BO LEMA PARA UN CURSO DIFERENTE

 

O lema elixido polas bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020/2021, é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Pon o foco nas posibilidades que ofrece a biblioteca escolar para a construción da persoa lectora a través das distintas actividades que programa e dos recursos que pon a disposición da comunidade educativa.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

Por iso, a pesar de non contar coa Biblioteca como espazo de encontro, trataremos de facervos chegar novas invitacións á lectura a través deste blog.



28 de setembro de 2020

ESTE ANO NON TEMOS BIBLIOTECA, PERO TEMOS BLOG

 

Estamos de volta, pero este curso a Biblioteca vai estar fóra de servizo.

Como sabedes o seu espazo foi transformado nun aula de 3º ESO debido á necesidades xeradas polo protocolo fronte ao Covid 19 aplicado a todo o Centro.

Polo que non podemos acceder á Augateca. 

Tentaremos restablecer, polo menos, o servizo de préstamo de fondos unha vez teñamos instalado o equipo informático noutra localización.

Volveremos pornos en contacto convosco para anunciarvos como vai organizarse e continuaremos con actividades de difusión e pequenos proxectos a través do blog.

Feliz curso e moito ánimo!!!