CONCURSOS EN LINGUA GALEGA
XIX
Concurso de relato oral: Tíralle da lingua.
Pode participar o alumnado que estude ESO e ensino postobrigatorio
presentando unha gravación de menos de 5 minutos onde conte
historias de base popular, de base literaria ou creación propia. As
historias contaranse en galego e deberán enviarse antes
do 26 de outubro
ao correo videosgalego@gmail.com.
Concederase un primeiro premio de 250
euros
e un segundo, se o xurado así o estima, por valor de 150 euros.
Premios
Youtubeiros 2020.
Poden participar os maiores
de 14 anos presentando
un vídeo, varios vídeos ou unha canle de Youtube en galego antes
do 23 de outubro.
Débese cubrir un formulario de inscrición no seguinte
enlace: https://youtubeiras.gal/Inscricion/
Establécense
12 premios: tres principais, valorados en 1000
euros cada
un; e nove premios de 500 cada un.
Pódense
consultar as bases en https://youtubeiras.gal/Bases
XXXIII
Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020.
Poden
participar os maiores
de 18 anos presentando
un poemario cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800,
en galego, antes
do 23 de outubro.
Establécese
un premio de 2500
euros e a publicación da obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario