26 de outubro de 2021

TEDES UNHA CITA NO ESPAZO CREATIVO

 A PARTIR DESTE VENRES, TODOS OS VENRES DO CURSO, ESTARÁ ABERTO O ESPAZO CREATIVO DA Augateca para que desfrutedes cos xogos e desafíos matemáticos que alí temos. 

Contaredes ca axuda da profesora Noemí Fernández.



23 de outubro de 2021

LIBROS, MÚSICA, CONVERSA ... NUN DÍA PARA CELEBRAR!!!

Onte festexamos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro) cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na Augateca , para dar a coñecer os novos fondos, servizos e espazos, despois de permanecer pechados o pasado curso.


O obxectivo sintonizaba plenamente co lema deste ano, que fai fincapé no papel das bibliotecas como xanelas para LER, espazos onde APRENDER e lugares para DESCUBRIR.

A convocatoria resultou un éxito rotundo de afluencia e participación, como reflicten as imaxes recollidas no vídeo.👀👇 

Moitas gracias polo voso interese e entusiasmo!!!😍



19 de outubro de 2021

CRÓNICA DUNHA XORNADA MICOLÓXICA REDONDA!!!

 

Tiñamos tantas ganas de saír por cogomelos, despois do pasado curso, que adiantamos a cita que normalmente situábamos en novembro.

E non saímos defraudados! O día foi magnífico e o resultado espectacular na variedade de exemplares atopados.

A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico , editado polo noso equipo, cunhas nocións básicas sobre o mundo do cogomelos e a importancia da conservación dos mesmos no seu hábitat natural.


Despois saímos a procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro, e adicamos dúas horas á clasificación no laboratorio de bioloxía coa axuda das guías que temos nos fondos da BE. o que permitiu montar unha fermosa exposición na entrada da Augateca.

Lástima que sexa tan efémera!

Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!!👌👏👏👏

AQUÍ 👇 TEDES O QUE RESTA DA  REPORTAXE👀 QUE RESUME A XORNADA














14 de outubro de 2021

PASAPALABRA ... NA AUGATECA

 Onte o alumnado de 1º ESO B, na materia de Lingua Galega e Literatura, transformou a Augateca nun plató de televisión para xogar ao Pasapalabra co léxico do tempo meteorolóxico.











Organizados en dous equipos, azul e laranxa, traballaron denodadamente para conseguir os mellores resultados, inda que ao final foron só dous os grupos gañadores. 

Parabéns pola vosa labor !!! 👏👏👏






5 de outubro de 2021

ESTAMOS DE VOLTA !!!

 

Este curso recuperamos a Biblioteca como espazo propio e vimos con moitas novidades:

  • novas instrución de préstamo e devolución de fondos

  • novos estantes e seccións

  • novos obradoiros, no espazo creativo, nos recreos: xogos matemáticos. Programación, robótica,...

  • recuperamos o voluntariado

  • estreamos laboratorio de radio (augaradio)

  • club de lectura, agora tamén para adultos

  • e moitas actividades: saídas, concursos, exposicións,...





8 de xuño de 2021

TANTAS VERSIÓNS COMO LECTURAS: CALPURNIA

 

Dous trimestres sendo testemuñas das andanzas e da evolución persoal de Calpurnia dan para moito.

O alumnado de 1º da ESO mostra neste vídeo os seus LAPBOOKS, nos que se apropian de aqueles aspectos do libro que lles gustaron máis e dos que nos ofrecen súa particular versión.



7 de xuño de 2021

"ÁNGEL CON GRANDES ALAS DE CADENAS"

 

Entre los nuevos títulos incorporados este curso al catálogo de la Augateca figura esta novela gráfica, cuya lectura reciente se expande en un sinfín de resonancias y ecos, al modo de las ondas concéntricas que la caída de una piedra en un estanque genera en la superficie de las aguas.

De ahí el verso de Blas de Otero que abre esta reseña, verso que, en su intento de definir lo que el poeta bilbaíno consideraba consustancial a la condición humana, resulta especialmente ajustado a la trayectoria vital de Oscar Wilde.

Oscar Wilde lo tuvo todo: orígenes acomodados, sólida y selecta educación, apostura física, ingenio y encanto personal, valía y fama como escritor, éxito en los salones de la alta sociedad inglesa… Y todo lo perdió por amor, al ser condenado a dos años de trabajos forzados bajo la acusación “de sodomía y grave indecencia”. Fue en la cárcel de Reading donde escribió dos de sus textos más importantes: La balada de la cárcel de Reading y la carta De Profundis, dirigida a su amante y causante indirecto de su caída, lord Alfred Douglas.

Javier de Isusi es,como Blas de Otero, bilbaíno. Tras estudiar Arquitectura, orientó su actividad profesional hacia el campo del cómic, donde ha desarrollado una dilatada y brillante labor creativa. Es también devoto admirador de la obra de Oscar Wilde desde su infancia y ha llevado a cabo la adaptación gráfica de una de las obras más conocidas del autor angloirlandés, El retrato de Dorian Gray (Astiberri, 2012), adaptación que no tengo la fortuna de haber leído todavía.

Fruto de esa relación con la vida y la obra de O. Wilde es el título reseñado, que se centra en los tres últimos años de la vida del autor, el cual después de salir de la cárcel se refugió con nombre falso en París, en donde transcurre el periodo final de su vida en medio de la más absoluta ruina moral y económica.

Javier de Isusi consigue evocar de forma magistral la personalidad de Wilde y la atmósfera que rodeó esos últimos años de su vida, sirviéndose de una estructura cercana al documental, de una sabia combinación de planos narrativos (sucesivas escenas que se enlazan por medio de entrevistas a personas que tuvieron relación con Wilde en esos años), de un guión ágil y sugestivo y de un dibujo (lápiz y acuarela) que, pese a su aparente sencillez, con su dominante tono sepia, propio de la fotografía decimonónica, consigue trasladarnos de forma muy eficaz a ese París de la bohemia en la encrucijada entre dos siglos.

Sin duda es una obra que merece ser objeto de atención y de pausada lectura por parte de los aficionados y los no tan aficionados al cómic contemporáneo.

Javier


Reseñas en otras publicaciones:

https://www.rtve.es/noticias/20190621/divina-comedia-oscar-wilde-ultimos-dias-mito-literatura/1954265.shtml

https://www.tomosygrapas.com/la-divina-comedia-de-oscar-wilde-gana-el-premio-nacional-del-comic-2020/

https://papelenblanco.com/la-divina-comedia-de-oscar-wilde-de-javier-de-isusi-26ebcfc24158


3 de xuño de 2021

NOVAS NOS NOSOS ESTANTES

 Hai que ir pensando nas vacacións, non todo vai ser estudar! ... 😅

Temos máis novidades no noso catálogo de lecturas. Vai pensando que che gustaría ler este verán 😎... ou estes últimos días para relaxarte...

Bota unha ollada e pregúntanos polo que te interese 👀👇





21 de maio de 2021

BIOMAKER-AUGATECA

 

Chegamos ao ensamblado final no proxecto interdisciplinario de impresión 3D que viñamos desenvolvendo dende a Augateca, en colaboración co departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

O resultado, uns magníficos adaptadores de móbiles para microscopios que facilitarán as prácticas experimentais de todo o alumnado do Centro.

A alumna de 1º ESO A, Beatriz Míguez Hidalgo, que liderou o proceso, explícanos neste vídeo a experiencia.👀👂👇

Parabéns!!! 😍👏👏👏



20 de maio de 2021

SEGUIMOS NA ONDA!

Tras a boa acollida dos espazos radiofónicos da Semana do Libro e do Día das Letras Galegas, prorrogamos a experiencia piloto da Auga-Radio cun PROGRAMA DE DEDICATORIAS.

Ponlle música ao teu recreo!  🎵🎶





18 de maio de 2021

Estes días, co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a voz de XELA ARIAS mostrouse máis próxima nas exposicións que montamos coa colaboración do alumnado de 2º ESO.


E, sobre todo, cas lecturas que dos seus poemas puidemos escoitar no programa que na Auga Radio lle adicaron as alumnas de 1º ESO.

Convidámoste a 👀 e 👂 neste vídeo!!! 




9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 XELA ARIAS, poeta e tradutora, é este ano a homenaxeada pola Real Academia Galega o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Que mellor ocasión para coñecela, que participar no programa de actividades no que colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro.

Ademais tedes acceso a unha extensa información, que sobre a súa vida e obra ofrece a Academia, no gadget, que coa súa firma e retrato temos desde comezos de ano na marxe dereita deste blog.

Seguiremos informando ...😉




7 de maio de 2021

E ... CHEGARON OS PREMIOS!!!

Onte, grazas á xenerosidade do alumnado de 3º ESO A, que ten este curso a Biblioteca como aula a tempo completo, puidemos entregar os premios do IV CONCURSO DE MICRORRELATOS AUGATECA no espazo que merecía a ocasión. 😍🎁📚

Os seus calorosos 👏👏👏 arrouparon aos gañadores desta edición e pecharon o programa de actividades da Semana do Libro.

Podedes 👀 as fotos do acto e un pouco máis abaixo 👇 os textos 📜 premiados.









4 de maio de 2021

A IMPORTANCIA DE VISITAR E VER ...

 O pasado 29 de abril, o alumnado de Bacharelato de Latín visitou o Museo de Ponteareas para coñecer a Cultura Castrexa da zona e a influencia da romanización na nosa vila.


Descubriu así, numerosos exemplos da Cultura Galaico-romana na nosa área xeográfica.


De este xeito retomamos a colaboración con esta institución, interrumpida este último ano pola pandemia.


3 de maio de 2021

QUEN DIXO CA ÁLXEBRA ERA ABURRIDA?

 O alumnado de 2º BACH, usando os coñecementos de matemáticas e programación adquiridos durante o curso, culmina un laboratorio de Álxebra Computacional, mostrando as funcións da libraría creada en python para a resolución de problemas de álxebra.

A Augateca no seu programa ALFIN impulsa, cun enfoque constructivista, a implicación na aprendizaxe por medio de actividades prácticas de resolución de problemas. Un alumnado implicado na inserción plena na sociedade do coñecemento.

Para verificar a eficacia do software creado, compáranse os resultados con CoCalc, a versión web de SageMath, ferramenta creada pola Universidade de Washington como sistema alxebráico computacional.






30 de abril de 2021

SAUDADE CRIOULA

E pechamos os programas da Semana da Lusofonía na Auga-Radio, na axenda de actividades da Semana do Libro, cun espazo adicado aos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa).

O alumnado de 1º ESO

informounos que é un grupo formado por seis países lusófonos africanos no ano 1996, cinco dos cales foron colonias de Portugal en África, que obtiveron a súa independencia entre 1974 e 1975 e o outro é Guinea Ecuatorial, que en 2007 adoptou o idioma portugués como unha das linguas oficiais do país.

E logo falaron da súa música, da súa gastronomía, ... pero mellor e que o  👀 e 👂 vós mesmos ... 👇




29 de abril de 2021

CONTOS DA SEVERA

Hoxe, o alumnado de 2º ESO foi o encargado de continuar  achegándonos máis información sobre o noso veciño país , Portugal.

... e quedoulles un programa así de xeitoso! 👏👀👂👇



28 de abril de 2021

25 DE ABRIL SEMPRE

 Continuamos achegándonos ao mundo luófono, coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega, no contexto das celebracións da Semana do Libro.

Hoxe, co alumnado de 4º da ESO e a través da Auga-Radio, viaxamos a Portugal. Un percorrido pola súa identidade económica, cultural, histórica, ... e cunha parada especial para lembrar a revolución dos caraveis do 25 de abril de 1974, coa que o noso país veciño deixou atrás 50 anos de ditadura.

👂👀👇



A totalidade do Centro uniuse, dunha maneira simbólica, ao festexo de dicha data coa repartición, realizado pola Augateca, dun caravel e un marcapáxinas a cada membro da comunidade educativa.

Vinculando a lectura á cidadanía activa e participativa.

Toda unha festa!😉