Onte festexamos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro) cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na Augateca , para dar a coñecer os novos fondos, servizos e espazos, despois de permanecer pechados o pasado curso.
O obxectivo sintonizaba plenamente co lema deste ano, que fai fincapé no papel das bibliotecas como xanelas para LER, espazos onde APRENDER e lugares para DESCUBRIR.
A convocatoria resultou un éxito rotundo de afluencia e participación, como reflicten as imaxes recollidas no vídeo.👀👇
Moitas gracias polo voso interese e entusiasmo!!!😍
Ningún comentario:
Publicar un comentario