- crear a vosa conta na Aula Virtual do Centro
- e adquirir os coñecementos básicos para xestionar a vosa participación e seguimento do curso telematicamente ca axuda de vosos profesoras e profesores
MOITO ÁNIMO!👍
30 de marzo de 2020
Aula Virtual no confinamento
Tedes a vosa disposición uns 🎬 no repositorio ALFIN do noso blog para :
23 de marzo de 2020
DIMOS VOZ ÁS ESCRITORAS
O
luns 9 de marzo, baixo a lema
“DAMOS VOZ ÁS ESCRITORAS”,
iniciamos a axenda de actividades organizadas pola Augateca
para conmemorar o 8
de marzo.
O
alumnado de ESO, FPB e Bacharelato protagonizaron a
lectura compartida
en galego, castelán e inglés, dunha selección realizada para a
ocasión de
fragmentos literarios de autoras como
Aurora
Bertrana, Juana
Manso, Carmen Laforet, Isabel Allende, Pilar Montero, Emilia Pardo
Bazán, Rosalía de Castro, Chimamanda Ngozi Adichie, Virginia
Woolf, Mary Wollstonecraft, Hellen Keller, Sylvia Plath,
ou entre outras, mulleres que tiveron un enorme peso na vangarda
artística de principios do século XX, As
Sinsombreiro
: María
Zambrano, Rosa Chacel, Concha Méndez
...
… 45
minutos emocionantes que contaron co
fondo musical
do concerto para
piano n.º 2 da
pianista
e compositora francesa
Marie Jaël
que, dacabalo de finais do século XIX e comezos do XX, creou un
método de ensino da técnica pianista aínda vixente.
Ao
día seguinte proxectouse
na Augateca,
para o seu posterior debate,
a
película “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”,
para o alumnado de 4º ESO e 1ºFPB. Complemento á exposición
que durante toda a semana ocupou o espazo da nosa entrada para
conmemorar
o 200 aniversario o nacemento de Concepción Arenal.
Pioneira do feminismo español, xornalista e escritora, a exposición,
elaborada polo alumnado de 1º FPB, recolle
retrincos da súa vida e da súa obra,
resaltando aquelas que foron as súas principais preocupacións, no
contexto da España do século XIX que lle toca vivir, a
reivindicación dunha educación para a muller en condicións iguais
ás do home ou a humanización dos cárceres.
NESTE VÍDEO TES UN RESUMO DE TODAS ACTIVIDADES👀👂👇
6 de marzo de 2020
4 de marzo de 2020
ANEMOI
Os
alumnos de 4º ESO Sergio Bastón Pazó e
Alejandro Cordovés Covelo serán os encargados de expoñer nun
relatorio, no Congreso do alumnado da V
semana das ciencias do Concello de Ponteareas, o primeiro
paso dun novo programa da Augateca para
alfabetización AMI en todos os niveis educativos do
Centro.
Este
1º paso, no que levan traballando con seus compañeiros de clase
desde principio de curso, consistiu no deseño e impresión en
3D de un anemómetro. Cun imán de neodimio e un sensor de efecto
Hall conectado a unha placa arduino, programada previamente, para
visualizar nunha pantalla lcd a velocidade do
vento.
😎O
proxecto e os seus primeiros resultados coñecerédelos de primeira
man no transcurso do noso Mes da Ciencia,
que como todos os anos celebramos en maio.
Con él pretendemos contribuír desde a BE ao desenvolvemento dos 17 ODS da Axenda 2030, concretamente ao 13, referido a ACCIÓN CLIMÁTICA, e en consonancia coa nosa condición de escola asociada á RedPEA-Unesco.
Con él pretendemos contribuír desde a BE ao desenvolvemento dos 17 ODS da Axenda 2030, concretamente ao 13, referido a ACCIÓN CLIMÁTICA, e en consonancia coa nosa condición de escola asociada á RedPEA-Unesco.
2 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)