Os
alumnos de 4º ESO Sergio Bastón Pazó e
Alejandro Cordovés Covelo serán os encargados de expoñer nun
relatorio, no Congreso do alumnado da V
semana das ciencias do Concello de Ponteareas, o primeiro
paso dun novo programa da Augateca para
alfabetización AMI en todos os niveis educativos do
Centro.
Este
1º paso, no que levan traballando con seus compañeiros de clase
desde principio de curso, consistiu no deseño e impresión en
3D de un anemómetro. Cun imán de neodimio e un sensor de efecto
Hall conectado a unha placa arduino, programada previamente, para
visualizar nunha pantalla lcd a velocidade do
vento.
😎O
proxecto e os seus primeiros resultados coñecerédelos de primeira
man no transcurso do noso Mes da Ciencia,
que como todos os anos celebramos en maio.
Con él pretendemos contribuír desde a BE ao desenvolvemento dos 17 ODS da Axenda 2030, concretamente ao 13, referido a ACCIÓN CLIMÁTICA, e en consonancia coa nosa condición de escola asociada á RedPEA-Unesco.

Ningún comentario:
Publicar un comentario