31 de xaneiro de 2019
30 de xaneiro de 2019
OBRADOIRO CÓMIC
Como
xa vos anunciáramos este luns desfrutamos dun interesante obradoiro
de comic na Augateca
dirixido ao alumnado de Plástica e 4º ESO e Debuxo Artístico I de
1ºBACH, así como alumnos especialmente interesados e con dotes
para o debuxo de 1º ESO e 2º FPB.
Para
dirixir a actividade acudimos a María
Vilar e Iago Araújo,
recoñecidos debuxantes de cómic e ilustradores, con ampla
experiencia docente na súa academia Clases
Comic Vigo e en numerosos obradoiros desenvolvidos en
bibliotecas públicas, centros educativos e certames de comic.
A
xornada desenvolveuse en dúas sesións: as dúas últimas horas da
mañá e as dúas da tarde. Na primeira mostráronos a súa obra e os
materiais que utilizan e comentaron brevemente os pasos a seguir na
creación dun cómic. Despois Iago explicounos como se crea unha
personaxe, para pasar logo a debuxar,
todos a un tempo, ao noso capitán Ahab.
Xa que Moby Dyck foi o punto de
partida e a inspiración para que os alumnos creen
un breve comic que será un dos productos finais do proxecto
interdisciplinar que este curso propuxo e coordina a
Augateca
para
conmemorar o bicentenario do nacemento de H.Melville. 🐳
Na
sesión da tarde falaron de diversos aspectos, fundamentais á hora
de crear un comic, tomando como referencia moitas das obras con que
conta a nosa comiteca
e nos facilitaron pequenos “trucos de profesionais”. (Por
certo, dixeron que contábamos
cunha selección boísima, moi
completa e actualizada!!!). 😁👍
Quedamos
todos encantados, tanto polo obradoiro como polos
comentarios animosos dos profes!!!. 👏👏👏
Podedes
faceros unha idea co seguinte vídeo 👀👂👇
22 de xaneiro de 2019
ESTREAMOS ESPAZO MAKER NA AUGATECA
Fundaméntase
na cultura " Do it by yourself" e o obxectivo é crear e
compartir.
E
que mellor lugar cá biblioteca ara elo!As nosas propostas pretenden ser do máis variadas: artes, tecnoloxía, audiovisual, son, videoxogos etc.
Arrincamos cun desafío...😈🔐
Teredes novas moi pronto!!!😉
20 de xaneiro de 2019
CITA CO CÓMIC
30
alumnos
de 1º e 4º ESO, 1º de BACH e 2º FPB de Electricidade
traballarán
intensamente nun OBRADOIRO
de CÓMIC,
organizado
pola Augateca,dando
continuidade as iniciativas que estes últimos cursos realizamos para
fomentar a banda deseñada como un
extraordinario instrumento
para
potenciar as capacidades lectoras e creativas de todos nós.
O
producto final formará parte do proxecto interdisciplinar "MOBY
DICK", que estamos a desenvolver este curso.
Os
voluntarios fixeron unha SELECCIÓN
DOS NOSOS FONDOS,
cómics para todas as idades e gustos que locerá
no
escaparate da Augateca:
Manga,
clásicos, biográficos, de aventuras, históricos,
... algunhas novidades
e numerosos catálogos.
PESCUDA,
OPINA,
SUXIRE,
COLLE
EN PRÉSTAMO!!!
PARTICIPA
DO CÓMIC!
14 de xaneiro de 2019
AXENDA CULTURAL
O martes
22 de xaneiro
o alumnado de
4º da ESO terá
a oportunidade de asistir, no
Auditorio de Ponteareas,
a
adaptación
teatral
da obra de Séchu
Sende, MADE
IN GALIZA,
que este curso están a traballar na materia de Lingua Galega. A
función correrá a cargo da compañía 🎭OS
QUINQUILLANS.
E dous días máis tarde, o xoves 24, no mesmo lugar,
o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato poderá desfrutar dunha actuación musical con selo ponteareán.
🎵😎
Falamos de SonDaRúa
un grupo de rap galego,
creado en Ponteareas,
formado por Hugo Guezeta e Alex Arnoso.
E dous días máis tarde, o xoves 24, no mesmo lugar,
o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato poderá desfrutar dunha actuación musical con selo ponteareán.
🎵😎
Falamos de SonDaRúa
un grupo de rap galego,
creado en Ponteareas,
formado por Hugo Guezeta e Alex Arnoso.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)