29 de abril de 2019
VIII CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Nova cita co CONCURSO DE FOTOGRAFÍA 📷 convocado polo Departamento de Matemáticas, coa colaboración da Augateca.
📅 Tedes de prazo ata o 8 de maio, inclusive.
A exposición das vosas fotografías e a entrega de premios, terá lugar o 13 de maio, no contexto das actividades do MES DA CIENCIA organizado pola nosa biblioteca. 🏆
Engadir título |
27 de abril de 2019
POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-3 (MICRORRELATOS)
O
venres
26 no recreo pechamos a SEMANA
DO
LIBRO
na Augateca como empezamos, cunha festa. Entregamos
os diplomas📜 e os agasallos🎁 (un
libro e unhas chuches) aos 20 premiados nas distintas categorías da
III
EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA,
que este curso ampliou as posibilidades de participar en diferentes
idiomas (galego, castelán, inglés e francés) nas tres
subcategorías.
O
éxito de participación foi rotundo. E
a selección foi difícil pola orixinalidade e calidade dalgúns
deles .😍
Nosos
parabéns a todos e todas!!!👏👏👏
Aquí
tedes os microrrelatos premiados e a súa autoría e
máis abaixo o vídeo-resumo de toda a SEMANA
DO
LIBRO.👇👀
25 de abril de 2019
POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-2 (MOBY DICK)
Hoxe
no
recreo proxectamos
o VÍDEO “As
Argonaúticas versus Moby Dick”
realizado polo alumnado de latín de 4º ESO e de grego de 1º Bach.
realizado polo alumnado de latín de 4º ESO e de grego de 1º Bach.
O
vídeo aborda dun
xeito moi ameno o
estudo
comparativo
das Argonaúticas
de Apolonio
de Rodas
(poema épico que relata a fazaña de Jasón e os Argonautas que, a
bordo da nave Argo, partiron en busca do vellocino de ouro) e a
novela Moby
Dick,
de cuxo autor, H.
Melville,
conmemoramos o bicentenario do seu nacemento
co proxecto
no que vimos traballando
todo o curso desde a Augateca,
e cuxos resultados presentamos agora.
Parabéns por este estupendo traballo!!!👏👏👏👀👇
O
proxecto complétase coa EXPOSICIÓN
:”Inquedanzas
ao redor de Moby Dick”,
realizada polo alumnado de 4º ESO e 1º Bach.
-Nela
móstrase, mediante cadros sinópticos, parte do traballo de
investigación do alumnado de 1º de Bacharelato de Literatura
Universal sobre a vida e obra de H. Melville ; argumento, personaxes,
espazo e tempo narrativos en MOBY DICK ; e unha serie de fichas
referidas aos autores e obras da literatura estadounidense do século
XIX que forman parte dos fondos da Augateca.
Ao
que se engade esta selección de fragmentos da obra ca finalidade de
que expliquen, a modo de instantánea ou cromo, personaxes e
situacións.👀👇
-O
traballo do alumnado de 4º ESO de Plástica para o proxecto MOBY
DICK, que arrancou co obradoiro de cómic que organizamos en xaneiro,
atópase exposto tamén na entrada da Augateca.
Unha
serie de cómics orixinais que con diversidade de estilos inspíranse, de xeito
libre, no universo de personaxes e simbolismos
que ofrece a obra.
👀Ver vídeo en la próxima entrada de La Semana del LIbro
👀Ver vídeo en la próxima entrada de La Semana del LIbro
24 de abril de 2019
POR FIN A SEMANA DO LIBRO!!!-1(MERCADIÑO DE LIBROS)
Inauguramos
a SEMANA
DO
LIBRO
na Augateca
coa actividade máis celebrada: O
MERCADIÑO DE LIBROS,
onde (xa dá vergoña dicilo) superamos unha vez máis os resultados
de pasadas convocatorias.
Houbo
moito onde escoller, grazas ás vosas doazóns, e os voluntarios da
Augateca fixeron un magnífico labor contribuíndo a axilizar durante
todo o recreo, 40 minutos que quedaron curtos, unha festa onde a
ritmo de boa música falouse moito de libros e de lecturas.
21 de abril de 2019
13 de abril de 2019
Alfin_LateX
Alfaya. LateX. CC-BY-SA |
Alfaya. Expresión final. CC-BY-SA |
Empregando o sistema de composición de textos LateX, o alumnado que participa no Proxecta do IES Pedra dá Auga, crea documentos escritos con gran calidade tipográfica.
Trátase de dous artigos con expresións matemáticas complexas que interrelacionan moitos coñecementos de química adquiridos durante a súa formación académica, en relación co dióxido de carbono medido polo grupo de traballo, dando desta forma ao aprendido un marcado carácter propedéutico. Unha tarefa dentro da alfabetización múltiple que a Augateca, dentro do seu programa ALFIN, facilita ao alumnado: róbótica, programación, desenvolvemento das competencias comunicativas, etc.
Trátase de dous artigos con expresións matemáticas complexas que interrelacionan moitos coñecementos de química adquiridos durante a súa formación académica, en relación co dióxido de carbono medido polo grupo de traballo, dando desta forma ao aprendido un marcado carácter propedéutico. Unha tarefa dentro da alfabetización múltiple que a Augateca, dentro do seu programa ALFIN, facilita ao alumnado: róbótica, programación, desenvolvemento das competencias comunicativas, etc.
Frank. Explicando as matemáticas do dióxido de carbono. CC-BYSA |
6 de abril de 2019
Arte nas impresións 3D de fósiles e ferramentas
David. Impresión. CC-BY-SA |
Lucas. Impresións. CC-BY-SA |
O obxectivo da Transformación das impresións 3D, rexistros fósiles e ferramentas líticas, nun proxecto artístico sobre PLA(acedo poliláctico, material para a realización dos cranios) é unha realidade no proxecto Hominidae. O cranio do Homo Heidelbergensis, coas súas profundas formas xeométricas, é o lenzo para a comunicación visual, na que as cores, as texturas etc., son os elementos que permiten ao alumnado alcanzar, transmitindo gran emoción e sentimento, dúas finalidades, a estética e a comunicativa.
Gloria. Homo Heidelbergensis. CC-BY-SA |
4 de abril de 2019
Vídeo Hominidade_ALFIN
As sesións ALFIN no ámbito audiovisual desenvoltas na Augateca polo alumnado, desde a elaboración dos guións, recollida de audio e vídeo, e posterior montaxe con Audacity, Openshot e HandBrake, permítennos presentar á comunidade as conclusións en formato de vídeo, que dentro do proxecto Hominidade fan posible a impresión 3D dun craneo a partir dun fósil real, neste caso o do Australophitecus Afarensis.
Augateca. Hominidae_ALFIN. En youtube. CC-BY-SA
1 de abril de 2019
CHARLA-COLOQUIO DEL ESCRITOR FERNANDO LALANA
El
viernes 29 de marzo recibimos la visita de este prolífico autor,
entre cuyos títulos más celebrados están “Morirás en
Chafarinas” (llevada al cine por el director Pedro Olea), “El
paso del estrecho”, “La tuneladora”, “Mande su hijo a Marte”,
“El asunto Galindo” o “Una bala perdida”.
FERNANDO
LALANA, que ha visto reconocida su trayectoria con los más
importantes premios de Literatura infantil y juvenil en español,
protagonizó un ameno coloquio con el alumnado de 3º y 4º
ESO y del grupo de 1º Bachillerato que cursa Literatura universal.
A lo largo de la conversación, el escritor aragonés desentrañó
algunas de las claves de su labor, hablándonos de los orígenes de
su dedicación literaria, de los caminos de la inspiración, de los
condicionantes materiales y económicos de su actividad, y expresó
su preocupación por el futuro de la literatura y del mundo
editorial.
Al
final del acto, tras agradecer los detalles que le entregamos como
recuerdo de su visita a la Augateca,
Fernando Lalana dedicó ejemplares de algunos de sus libros a todo el
alumnado que se lo pidió y nos regaló uno firmado por él de su
más reciente obra 13 perros y medio.
¡Hasta
otra ocasión, Fernando!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)