30 de marzo de 2022

O SEGREDO DE PILAR

Onte o alumnado do Club de Lectura- Augateca esperaba ilusionado á autora da novela que estas últimas semanas ocupara o seu tempo de lectura, de reflexión e de charla. E non lles defraudou!, todo o contrario.


Pilar Ortega esmerouse cos seus interlocutores favoritos, os lectores xuvenís, respondendo as preguntas que aos poucos foron desvelando o xerme da novela que lles cativou, os seus lazos afectivos cos personaxes, o proceso creativo... Para adentrarse, ao mesmo tempo, na súa vocación temperá de escritora, as súas peripecias editoriais, a ansiada e necesaria gratificación que supoñen os premios literarios, etc.

Agradecemos a Pilar a naturalidade e o agarimo que nos brindou. Esperamos que as obras nas que traballa cheguen pronto ás librarías, para atoparnos de novo ao redor delas.

E aos que aínda non leron “Ou segredo da Al’ Eume” dicirlles que non o pensen, encantaravos como a todos nós. (Ah!, agora temos todos os exemplares firmados pola autora! 😎  )

A continuación tedes as fotos do coloquio na Augateca e un vídeo da entrevista radiofónica, que podedes volver a escoitar nos podcast da Augaradio..👀👂👇

Parabéns a todos os que participaron polo seu excelente traballo!!!   👏👏👏








23 de marzo de 2022

 Proxecto Maker


Traballando no deseño das funcións para o avance e retroceso do robot. Estas funcións activaranse desde o móbil pulsando os botóns que se programan con  MIT App Inventor. Outra das tarefas que se fan estes días no  Maker da  Augateca é a aprendizaxe do traballo con números aleatorios lendo o ruído dunha saída analóxica para xerar a semente que permite unha  aleatoriedad perfecta.

CIFRAS E LETRAS , ONDE MELLOR QUE NA AUGATECA!!!

 O pasado venres a Augatecviuse desbordada pola enorme participación no concurso que, en colaboración co Departamento de matemáticas, organizamos desde noso espazo creativo.

Os coarenta minutos do recreo fixéronse pouco para os entretidos participantes e, por elo, prometemos unha nova edición antes de que remate o curso. 😍





11 de marzo de 2022

NOVAS PROPOSTAS DO ESPAZO CREATIVO

Co gaio de celebrar O DÍA π (14 de marzo) a Augateca únese ao programa de atividades cunha proposta desde O ESPAZO CREATIVO, un CONCURSO DE CIFRAS E LETRAS.
 

Esperámoste!!!😉