30 de abril de 2021

SAUDADE CRIOULA

E pechamos os programas da Semana da Lusofonía na Auga-Radio, na axenda de actividades da Semana do Libro, cun espazo adicado aos PALOP (Países Africanos de Língua Oficial Portuguesa).

O alumnado de 1º ESO

informounos que é un grupo formado por seis países lusófonos africanos no ano 1996, cinco dos cales foron colonias de Portugal en África, que obtiveron a súa independencia entre 1974 e 1975 e o outro é Guinea Ecuatorial, que en 2007 adoptou o idioma portugués como unha das linguas oficiais do país.

E logo falaron da súa música, da súa gastronomía, ... pero mellor e que o  👀 e 👂 vós mesmos ... 👇




29 de abril de 2021

CONTOS DA SEVERA

Hoxe, o alumnado de 2º ESO foi o encargado de continuar  achegándonos máis información sobre o noso veciño país , Portugal.

... e quedoulles un programa así de xeitoso! 👏👀👂👇



28 de abril de 2021

25 DE ABRIL SEMPRE

 Continuamos achegándonos ao mundo luófono, coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega, no contexto das celebracións da Semana do Libro.

Hoxe, co alumnado de 4º da ESO e a través da Auga-Radio, viaxamos a Portugal. Un percorrido pola súa identidade económica, cultural, histórica, ... e cunha parada especial para lembrar a revolución dos caraveis do 25 de abril de 1974, coa que o noso país veciño deixou atrás 50 anos de ditadura.

👂👀👇



A totalidade do Centro uniuse, dunha maneira simbólica, ao festexo de dicha data coa repartición, realizado pola Augateca, dun caravel e un marcapáxinas a cada membro da comunidade educativa.

Vinculando a lectura á cidadanía activa e participativa.

Toda unha festa!😉





27 de abril de 2021

AQUARELA DO BRASIL

 Seguimos co programa de actividades da Semana do Libro, que dadas as restricións que nos impuxo a pandemia, estamos a desenvolver en gran medida a través da Auga-Radio, unha experiencia piloto que esperamos consolidar o próximo curso. 🎤

Hoxe, o programa "Aquarela do Brasil", de novo baixo o formato de mesa redonda, mostrounos as pescudas realizadas polo alumnado de 3º ESO ao redor dun gran país, o Brasil. 

A súa música, a súa gastronomía, a súa historia, a súa natureza ...

Houbo unanimidade: a quen non lle gustaría visitar o Brasil?😍

Apuntámonos os primeiros! 😎

👂👀👇




26 de abril de 2021

800 ANIVERSARIO AFONSO X O SABIO

 Unha das actividades máis destacadas da nosa Semana do Libro é a que rende homenaxe a AFONSO X O SABIO, con motivo do 800 aniversario do seu nacemento.

A Augateca coa colaboración dos departamentos de Lingua Galega, Dinamización e Normalización Lingüística, Lingua Castelá e Música, e a participación do alumnado de 3º ESO e de 2º BACH dá a coñecer a súa obra e figura a través de varias propostas:

  • unha exposición, na entrada da Augateca, onde se fai unha semblanza da súa vida e obra literaria, científica, histórica e xurídica.




  • unha interpretación musical (a cargo do alumnado de Hª da Música e a Danza de 2ºBACH) de dúas cantigas da colección Cantigas de Santa María, autoría do monarca, difundidas esta mañá desde a Auga-radio, no programa "Dende ou Medievo"

  • e tamén, desde o mesmo espazo radiofónico, unha mesa redonda, onde algúns dos participantes no traballo de investigación intercambiaron impresións ao redor da súa erudición, o seu labor cultural e a súa estreita vinculación con Galicia.

     👂👀e desfruta👇



     


23 de abril de 2021

22 de abril de 2021

23+23 LECTURAS AGARDAN POR TI

Mañá comezan as actividades da Semana do Libro e decoramos a entrada da Augateca cunha selección das nosas últimas adquisicións :

23 CÓMICS + 23 OBRAS DE ENSAIO, NOVELA, ARTE, ... CONVIDÁMOSTE A LER! 😃

pincha o vídeo 👀👇

Solicita o teu préstamo no noso email:
  prestamoaugateca@gmail.com




19 de abril de 2021

PROGRAMA SEMANA DO LIBRO

 Sen Biblioteca este curso, celebramos, máis se cabe, o gozo da lectura ... poñendo a túa disposición nosas novas adquisicións, lecturas compartidas, unha nova edición do concurso de microrrelatos, recitais, música, ...












9 de abril de 2021

CONSTRUÍNDO

 Inda que este curso vémonos privados do espazo da Biblioteca, convertida en aula, e por tanto do noso espazo creativo, temos en marcha algunhos proxectos gracias ao voluntarismo dos nosos colaboradores.

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía impulsa, xunto coa Augateca, un proxecto de impresión 3D dentro da paradigma biomaker para dotar ao laboratorio de bioloxía de adaptadores de móbiles para microscopios.

Con este produto, o adaptador integrado nas práticas de laboratorio, poderanse facer gravacións do que o microscopio nos revele nas prácticas experimentais. Concretamente nas tarefas doutro proxecto da Augateca, Calpurnia.


É un exemplo de proxecto para integración do coñecemento, a colaboración de departamentos e a igualdade; nenas de 1º de ESO lideran a impresión 3D. O alumnado crea e fabrica para a procura do coñecemento, a través da experiencia práctica.