Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALFIN. Amosar todas as publicacións

8 de xuño de 2022

INTERPRETANDO O MUNDO DO "PRINCIPIÑO"

 Expoñemos estes días nos corredores anexos a Augateca o resultado do PDI  deseñado e coordinado pola Biblioteca ao longo destes dous últimos trimestres, a partir da lectura compartida  nas aulas de 1º ESO e en horario lectivo dunha obra en formato dixital, O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry. 😍

Destinado a formar lectores competentes e a desenvolver o hábito lector. Participaron os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá. 😅

Nosos parabéns a todos, alumnado e profesorado por tan bo traballo!!! 👏👏👏



20 de maio de 2022

SÉCURITÉ ROUTIÈRE!

 O alumnado de 1º ESO  de francés realizou un pequeno traballo de investigación sobre a seguridade vial en colaboración ca Augateca.

 E este foi o magnífico resultado!!!





15 de maio de 2022

TODA A SEMANA DA CIENCIA NUN VÍDEO

As imaxes falan por si soas da variedade e calidade dos proxectos e experiencias científicas presentados e defendidos ante a comunidade educativa, nesta SEMANA DA CIENCIA-Augateca, polo propio alumnado que os traballou estes últimos meses ca vista posta nestas datas.

Moitas gracias a todos os participantes, profesorado e alumnado vinculado as materias de Física, Bioloxía, Matemáticas, TIC e Plástica.👏👏👏
E, por suposto, ao público por seu estímulo e achegas.😉



7 de abril de 2022

Mit App Inventor

 

Traballando na contorna visual MIT App Inventor
Desenvolvendo unha aplicación móbil coa contorna de programación visual MIT App Inventor. O noso pequeno robot seguirá as instrucións que lle enviemos desde o teléfono móbil grazas ao módulo bluetooth e á nosa programación modular. O deseño e a programación de obxectos para o control a distancia.

15 de febreiro de 2022

LECTURAS DE CIENCIA PARA TODOS OS GUSTOS

 

Onte pechamos a exposición de lecturas de divulgación científica que, con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, estivo aberta dende o día 10 na Augateca.

Foron moitos os alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores pasaron pola mostra e expresaron a súa sorpresa pola calidade, variedade e atractivo das propostas ao seu alcance.

E moitos tamén os que decidiron levar en préstamo máis dun título.

Para os que non se animaron no momento sabede que os agardan de novo nos estantes!!!






11 de febreiro de 2022

QUE ARTE!!!

 Agochados nos marcapáxinas, que este venres saíron do ESPAZO CREATIVO, hai unha boa dose de matemáticas e ciencia, pero tamén de creatividade e de amor. 

 Feitos para agasallar o próximo San Valentín 💘, adornarán as lecturas máis diversas ...😉





8 de febreiro de 2022

ENGANCHADOS A PAPIROFLEXIA!

 Un venres máis O ESPAZO CREATIVO de xogos matemáticos, opta pola papiroflexia, nesta ocasión  para festexar o vindeiro 14 de Febreiro.

 Seguimos no mes do AMOR. 💓💕💖💘



3 de febreiro de 2022

 

Onte a CANDELORIA ría 🌞, pode que “o inverno estea por pasar”, pero desfrutamos dun día case que primaveral para rematar as actividades programadas para a ocasión.

Neste vídeo recollemos as exposicións dos traballos do alumnado de 1º ESO e 1º BACH (orixes nas festas Lupercais da Antiga Roma, pervivencia cristiá, paralelismos co “día da Marmota”, refráns, poemas, ...); de libros e paxaros; a entrega de premios aos mellores tatuaxes e a sesión de tatuaxe no recreo con photocall incluído.

A verdade, non puido saír mellor!!! 👀👇😉





30 de xaneiro de 2022

MATEMÁTICAS+ARTE+ENTRETEMENTO= ORIGAMI

 

O pasado venres no recreo desatouse unha auténtica febre pola papiroflexia na nosa biblioteca.

Os participantes no obradoiro manexaron todo tipo de patróns xeométricos e cores para crear os máis variados e fermososn“paxariños”, cos que contribuír a exposición da Candeloria, na que continúa traballando o voluntariado da Augateca.


Noso agradecemento e parabéns a todos eles!!!👏👏👏😍





24 de xaneiro de 2022

CASAN OS PAXARIÑOS!!!

 

O próximo 2 de febreiro é a CANDELORIA.📅

Celebramos que “medio inverno vai fóra”, xa que coincide ca metade da estación fría. Apreciamos o que medraron os días dende o solsticio de inverno, a natureza desperta, comeza o retorno das aves migratorias, os cortexos anuncian o renacer primaveral, ...🌸🐥🌞

Pescudamos nas orixes desta festa popular e preparamos 2 actividades que preludian as que imos desenvolver a partir da Candeloria (exposicións, photocall de tatuaxes, programa de radio, ...), ao longo do mes de febreiro, ... o mes do amor.💓

Anímate a participar!!!





21 de decembro de 2021

PROGRAMANDO

 Sesión no espacio Maker da Augateca

O alumnado experimenta instrucións para o control de dispositivos electrónicos básicos. A aprendizaxe dunha rutina de traballo que lles conducirá á construción de robots que interactúan coa contorna de maneira autónoma. O pensamento computacional aplicado á resolución de problemas é unha ferramenta esencial na consolidación das competencias básicas. Un espazo para a igualdade na que alumnas e alumnos cooperan crean e constrúen.

20 de decembro de 2021

NOVO ANO, NOVO CALENDARIO ...

Nunha Augateca festiva, engalanada xa de Nadal, tiveron lugar as dúas xornadas adicadas ao obradoiro de papiroflexia, promovido desde o ESPAZO CREATIVO para construír un CALENDARIO ROMBODODECAEDRO co que estrear o Novo Ano.


E este foi o resultado que cada quen levou para casa!!!😍👉


A continuación tedes unha reportaxe fotográfica 👀👇 para facervos a idea do éxito da convocatoria. Gracias a todos os que colaboraron para acadalo, profes e alumnado voluntario.👏👏👏





3 de decembro de 2021

VAI TOCANDO ESTREAR CALENDARIO!

Todos temos un calendario no móvil, no ordenador, ... pero o ESPAZO CREATIVO bríndate a oportunidade de construír un ORIXINAL CALENDARIO para estrear o próximo ano.

Pon a proba túa habilidade unha vez máis! 😅



2 de decembro de 2021

Tivo lugar no recreo a primeira reunión do alumnado interesado no ESPAZO CREATIVO adicado á ROBÓTICA, que estará aberto todos os xoves na Augateca a partir de hoxe.



25 de novembro de 2021

EPB: CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ONTE E HOXE ...

 Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Augateca
sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal motivo cunha
exposición na que recollemos o produto final do PDI no que víñamos traballando os dous últimos meses.


Nel o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de L. Castelá, a instancias da BE, analizou e comentou unha selección dos contos que EMILIA PARDO BAZÁN escribiu para denunciar, no seu día, as agresións contra a muller nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o maltrato físico, pasando polo abuso.

Cando conmemoramos 100 anos desde o seu falecemento, o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa actualidade diaria.

Neste vídeo 👇👇 podedes 👀unha parte da exposición, na que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.

Temos expostos algúns dos seus títulos máis representativos.

 📚 Botade unha ollada! 




4 de novembro de 2021

CONTOS DE MEDO ...

Nun clima festivo, o do Samagosto, o alumnado de 1º ESO desfrutou, nas primeiras horas da mañá, ca selección de libros de terror que expoñemos na Augateca e ca lectura dramatizada de catro contos arrepiantes:

  • O perfume de Mara, de Carlos Negro

  • O Suso, de Xosé Luis Méndez Ferrín

  • El cementerio inglés, de Álvaro Díaz Escobedo

  • La casa encantada, de Virginia Woolf

Noso agradecemento e parabéns ás alumnas de 1ª de BACH pola súa colaboración e excelente posta en escena. 👏👏👏







30 de outubro de 2021

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS!!!

 Arrincou o pasado venres a actividade do espazo creativo con xogos e desafíos matemáticos.




Dada a elevada participación invadimos unha parte importante da Augateca.




O recreo fíxose corto ... e agardamos con impaciencia a nova cita semanal! 😍




19 de outubro de 2021

CRÓNICA DUNHA XORNADA MICOLÓXICA REDONDA!!!

 

Tiñamos tantas ganas de saír por cogomelos, despois do pasado curso, que adiantamos a cita que normalmente situábamos en novembro.

E non saímos defraudados! O día foi magnífico e o resultado espectacular na variedade de exemplares atopados.

A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico , editado polo noso equipo, cunhas nocións básicas sobre o mundo do cogomelos e a importancia da conservación dos mesmos no seu hábitat natural.


Despois saímos a procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro, e adicamos dúas horas á clasificación no laboratorio de bioloxía coa axuda das guías que temos nos fondos da BE. o que permitiu montar unha fermosa exposición na entrada da Augateca.

Lástima que sexa tan efémera!

Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!!👌👏👏👏

AQUÍ 👇 TEDES O QUE RESTA DA  REPORTAXE👀 QUE RESUME A XORNADA