17 de decembro de 2015
11 de decembro de 2015
10 DE DECEMBRO: DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMAMOS
Con
motivo da conmemoración do "Día da Declaración Universal dos Dereitos
Humanos", desde a Augateca amósamos unha ampla exposición de bos libros e
películas relacionados con esta temática. Todos eles forman parte dos
fondos da biblioteca e están a disposición de toda a comunidade
educativa do centro.
Preme na imaxe para acceder á galería.
26 de novembro de 2015
MAIL ART
Alumnos e alumnas do noso centro coordinados pola profesora Gloria Iglesias, expoñen nestes días na Augateca as súas obras de arte postal que teñen como tema central o desenvolvemento sostible.
Preme na imaxe para acceder á galería.
ENCONTRO LITERARIO.
No IES Pedra da Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Preme na imaxe para acceder á galería.
11 de novembro de 2015
10 de novembro de 2015
SAMAÍN
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS
O dia 24 de outubro celébrase o dia das
bibliotecas.
O IES Pedra da Auga organizou unha
sesión informativa para o alumndao de 1º ESO na que se lles
explicou a organización e funcionamento de AUGATECA, a nosa
biblioteca. Ademáis se lles entregou a cadascún o seu carnet de
lector. Ao rematar fixeron un xogo no que demostraron que xa son
capaces de buscar e atopar un libro cando o precisen.
5 de novembro de 2015
O DÍA DO DOCENTE
O alumnado
da ESO xogou a endiviñar qué libro era o que os sus
profesores/as elexiran como unha marca no seu camiño de lectores. O
profesorado do centro participou escribindo na silueta da súa man o
titulo do libro e as razóns polas que quería compartir có alumnado esa experiencia.
Os
gañadores do concurso foron
1º Premio con 15 acertos
- Belén Fernández Rodríguez de 1ªESO A
2º Premio con 14 acertos
- Omar Goris Pérez de 1º ESO A
- Uxia Loureiro Caamaño de 4ª ESO B
- Lara Rodríguez Rodríguez de 4º PDC
- Ángela Gómez Peleteiro de 4º PDC
Engadir título |
19 de xuño de 2015
FEIRA DA LUZ - IYL2015
Chegamos ao remate do curso e tamén do noso proxecto estrela.
Parabéns a todos os que participáchedes nel, xa como actores ou actrices principais ben como entusiasta público.
A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio foi todo un éxito, froito de moitos meses de traballo e de ilusón.
Aqui tedes por fin un recopilatorio de todas es experiencias mostradas na Feira e un vídeo resumen da mesma.
https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/
Esta actividade foi noticia no sitio oficial do Ano Internacional da Luz 2015
Que o disfrutedes e feliz verán!!!
Parabéns a todos os que participáchedes nel, xa como actores ou actrices principais ben como entusiasta público.
A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio foi todo un éxito, froito de moitos meses de traballo e de ilusón.
Aqui tedes por fin un recopilatorio de todas es experiencias mostradas na Feira e un vídeo resumen da mesma.
https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/
Esta actividade foi noticia no sitio oficial do Ano Internacional da Luz 2015
Que o disfrutedes e feliz verán!!!
16 de xuño de 2015
Benvida ós nov@s usuari@s da Augateca
Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. A Augateca deulles a benvida, realizando un pequeno xogo no que todos resultaron gañadores e recibiron un agasallo.
5 de xuño de 2015
Hospital de libros
Dúas voluntarias da Augateca, de 2º de Bacharelato, adicaron o seu tempo a restaurar libros, que xa pasaron por moitas mans pero que aínda poden ser útiles.
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!
13 de maio de 2015
IV Concurso de Fotografía Matemática
O pasado día 12 de maio celebramos o Día Escolar das Matemáticas ca entrega de premios do Concurso de Fotografía que, dende fai catro anos,
organiza o Departamento de Matemáticas do noso Centro.
Como todas as convocatorias estivo reñidísimo
e o xurado o tivo moi difícil para decantarse
polas mellores fotos.
e o xurado o tivo moi difícil para decantarse
polas mellores fotos.
Parabéns aos gañadores!!!
- 1º PREMIO: Samuel Fernández, 1º Bach, "lineas de nacimiento", esas enrrugas que se manteñen ata o remate dos días como os números na humanidade.
- 2º PREMIO: Celeste Lorenzo, 1º ESO, "Sucesión de Pétalos de flores Fibonacci"
- 3º PREMIO: Aroha Paños Boente, 2ºBach." Reflejos", unha parte do Atomium de Bruselas, Bélxica.
- Premio categoría profesorado: Isabel Ávila Terzi, Departamento de latín, "Arte Exacto en la catedral de Palencia"
AQUÍ TES AS FOTOS GAÑADORAS E AS DO EVENTO:
premios fotografía matemática on PhotoPeach
Coñecendo a figura de Fermín Bouza Brey
Desta volta, fixeron a crónica Sara Bugarín e Isaac Garrido. Bota unha ollada á súa reportaxe premendo na imaxe:
1
27 de abril de 2015
Día do libro
Os días 23 e 24 celebramos no Centro O DÍA DO LIBRO cun variado programa de actividades organizadas pola Augateca e o departamento de Lingua Castelá, ca colaboración dos nosos Voluntarios.
O día 23 o alumnado de 1º ESO disfrutou, en dúas sesións moi animadas, da visualización e comentario da CLAYMATION (animación en plastilina) "A flor máis grande do mundo", baseada nun texto homónimo de José Saramago (que tamén é o narrador da curtametraxe). E atrevéronse a poñer palabras, cas súas propias versións escritas, alí onde so había imaxes.
Se queres ver o conto pincha no link "A flor máis grande do mundo"
EU TAMÉN ESCRIBO CON SARAMAGO on PhotoPeach
Ese mesmo día entregáronse os premios aos gañadores do CONCURSO DE RELATO CURTO E POESÍA. A lectura das súas obras foi moi emocionante. NORABOA!!!
- Antón Táboas Pazo , 1ºESO B: RELATO "El día que nunca existió"
- Antía Juiz Rodríguez, 1º ESO B: POESÍA "Moxty"
- Laura Meón Mera, 1º ESO B: POESÍA "Recuerdo que ..."
- Yaël Lorenzo Osorio, 2º PCPI: La cuna vacía"
CONCURSO LITERARIO on PhotoPeach
O MERCADIÑO DE LIBROS o día 24 no recreo foi todo un acontecemento e un éxito de público e ventas. Sen dúbida tivo moito que ver a simpatía dos nosos Voluntarios. Repetiremos!!!
9 de abril de 2015
Non só lemos, tamén escribimos!
E para mostra, deixámosvos os relatos d@s alumn@s seleccionados para participar no concurso de relato curto de Coca-Cola, na edición deste ano.
Preme na imaxe para acceder ó documento:
Preme na imaxe para acceder ó documento:
27 de febreiro de 2015
Ana Alcolea na Augateca
A escritora Ana Alcolea deixou a súa simpatía e dedicatorias nos exemplares que da súa obra temos na Augateca, así como nos de todos aqueles alumnos e alumnas que se achegaron a ela despois de participar na charla-coloquio que tivemos no salón de actos.
Na charla viaxamos da súa man ao paisaxe e rituales do Gabón que aparecen reflectidos na novela "El medallón perdido". Fíxose curto!
visita ana alcolea on PhotoPeach
Na charla viaxamos da súa man ao paisaxe e rituales do Gabón que aparecen reflectidos na novela "El medallón perdido". Fíxose curto!
23 de febreiro de 2015
Así celebramos a Rosalía
Fomos moitos os que acudimos á cita na Augateca para celebrar a Rosalía lembrando as súas palabras. Toda unha festa!
ROSALÍA NO SEU DÍA on PhotoPeach
22 de febreiro de 2015
Rosalía
Anímate a participar na hora do recreo na Augateca!
10 de febreiro de 2015
Os voluntarios dinamizan a biblioteca
A nosa biblioteca adheriuse á iniciativa "Voluntariado na biblioteca escolar" e para celebralo o noso alumnado colaborador, 14 rapaces e rapazas de 1º e 4º da ESO e 2º de BAC, celebraron unha animada reunión na que coordinaron o seu traballo e estrearon acreditacións e libretas.
reunión voluntarios augateca on PhotoPeach
reunión voluntarios augateca on PhotoPeach
9 de febreiro de 2015
Día da Paz na Augateca
Desde o Pedra da Auga, seguimos dando a coñecer a labor de grandes mulleres, desta volta,
centrándonos na figura da activista Caddy Adzuba, que desenvolve a súa
labor nun país en conflicto.
O alumnado de 4º de ESO preparou unha exposición sobre o tema e houbo unha proxección dun documental sobre Caddy Adzuba o Día da Paz. Preme na imaxe que segue para ver máis fotos:
O alumnado de 4º de ESO preparou unha exposición sobre o tema e houbo unha proxección dun documental sobre Caddy Adzuba o Día da Paz. Preme na imaxe que segue para ver máis fotos:
5 de febreiro de 2015
Novelas de éxito en galego
Chegan á Augateca tres novelas protagonizadas por adolescentes e narradas en galego. Bótalles unha ollada no enlace de Pinterest, premendo na imaxe:
13 de xaneiro de 2015
Libros de aventura
As novidades xuvenís de xaneiro chegan cargadas de adrenalina...
Consulta os libros e os seus argumentos pinchando na imaxe.
Consulta os libros e os seus argumentos pinchando na imaxe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)