Amosando publicacións coa etiqueta DÍAS CONMEMORATIVOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍAS CONMEMORATIVOS. Amosar todas as publicacións

11 de marzo de 2022

NOVAS PROPOSTAS DO ESPAZO CREATIVO

Co gaio de celebrar O DÍA π (14 de marzo) a Augateca únese ao programa de atividades cunha proposta desde O ESPAZO CREATIVO, un CONCURSO DE CIFRAS E LETRAS.
 

Esperámoste!!!😉



15 de febreiro de 2022

LECTURAS DE CIENCIA PARA TODOS OS GUSTOS

 

Onte pechamos a exposición de lecturas de divulgación científica que, con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, estivo aberta dende o día 10 na Augateca.

Foron moitos os alumnos e alumnas que acompañados polos seus profesores pasaron pola mostra e expresaron a súa sorpresa pola calidade, variedade e atractivo das propostas ao seu alcance.

E moitos tamén os que decidiron levar en préstamo máis dun título.

Para os que non se animaron no momento sabede que os agardan de novo nos estantes!!!






11 de febreiro de 2022

QUE ARTE!!!

 Agochados nos marcapáxinas, que este venres saíron do ESPAZO CREATIVO, hai unha boa dose de matemáticas e ciencia, pero tamén de creatividade e de amor. 

 Feitos para agasallar o próximo San Valentín 💘, adornarán as lecturas máis diversas ...😉





3 de febreiro de 2022

 

Onte a CANDELORIA ría 🌞, pode que “o inverno estea por pasar”, pero desfrutamos dun día case que primaveral para rematar as actividades programadas para a ocasión.

Neste vídeo recollemos as exposicións dos traballos do alumnado de 1º ESO e 1º BACH (orixes nas festas Lupercais da Antiga Roma, pervivencia cristiá, paralelismos co “día da Marmota”, refráns, poemas, ...); de libros e paxaros; a entrega de premios aos mellores tatuaxes e a sesión de tatuaxe no recreo con photocall incluído.

A verdade, non puido saír mellor!!! 👀👇😉





30 de xaneiro de 2022

MATEMÁTICAS+ARTE+ENTRETEMENTO= ORIGAMI

 

O pasado venres no recreo desatouse unha auténtica febre pola papiroflexia na nosa biblioteca.

Os participantes no obradoiro manexaron todo tipo de patróns xeométricos e cores para crear os máis variados e fermososn“paxariños”, cos que contribuír a exposición da Candeloria, na que continúa traballando o voluntariado da Augateca.


Noso agradecemento e parabéns a todos eles!!!👏👏👏😍





24 de xaneiro de 2022

CASAN OS PAXARIÑOS!!!

 

O próximo 2 de febreiro é a CANDELORIA.📅

Celebramos que “medio inverno vai fóra”, xa que coincide ca metade da estación fría. Apreciamos o que medraron os días dende o solsticio de inverno, a natureza desperta, comeza o retorno das aves migratorias, os cortexos anuncian o renacer primaveral, ...🌸🐥🌞

Pescudamos nas orixes desta festa popular e preparamos 2 actividades que preludian as que imos desenvolver a partir da Candeloria (exposicións, photocall de tatuaxes, programa de radio, ...), ao longo do mes de febreiro, ... o mes do amor.💓

Anímate a participar!!!





25 de novembro de 2021

EPB: CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ONTE E HOXE ...

 Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Augateca
sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal motivo cunha
exposición na que recollemos o produto final do PDI no que víñamos traballando os dous últimos meses.


Nel o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de L. Castelá, a instancias da BE, analizou e comentou unha selección dos contos que EMILIA PARDO BAZÁN escribiu para denunciar, no seu día, as agresións contra a muller nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o maltrato físico, pasando polo abuso.

Cando conmemoramos 100 anos desde o seu falecemento, o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa actualidade diaria.

Neste vídeo 👇👇 podedes 👀unha parte da exposición, na que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.

Temos expostos algúns dos seus títulos máis representativos.

 📚 Botade unha ollada! 




4 de novembro de 2021

CONTOS DE MEDO ...

Nun clima festivo, o do Samagosto, o alumnado de 1º ESO desfrutou, nas primeiras horas da mañá, ca selección de libros de terror que expoñemos na Augateca e ca lectura dramatizada de catro contos arrepiantes:

  • O perfume de Mara, de Carlos Negro

  • O Suso, de Xosé Luis Méndez Ferrín

  • El cementerio inglés, de Álvaro Díaz Escobedo

  • La casa encantada, de Virginia Woolf

Noso agradecemento e parabéns ás alumnas de 1ª de BACH pola súa colaboración e excelente posta en escena. 👏👏👏







28 de outubro de 2021

QUEN DIXO MEDO???

 A Augateca súmase as actividades programadas polo Centro con ocasión do SAMAGOSTO 🎃🌰 (Samaín + Magosto) do día 4 de novembro ca lectura compartida de ARREPIANTES RELATOS nunha Biblioteca de medo ... 😱




23 de outubro de 2021

LIBROS, MÚSICA, CONVERSA ... NUN DÍA PARA CELEBRAR!!!

Onte festexamos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro) cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na Augateca , para dar a coñecer os novos fondos, servizos e espazos, despois de permanecer pechados o pasado curso.


O obxectivo sintonizaba plenamente co lema deste ano, que fai fincapé no papel das bibliotecas como xanelas para LER, espazos onde APRENDER e lugares para DESCUBRIR.

A convocatoria resultou un éxito rotundo de afluencia e participación, como reflicten as imaxes recollidas no vídeo.👀👇 

Moitas gracias polo voso interese e entusiasmo!!!😍



18 de maio de 2021

Estes días, co gallo do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, a voz de XELA ARIAS mostrouse máis próxima nas exposicións que montamos coa colaboración do alumnado de 2º ESO.


E, sobre todo, cas lecturas que dos seus poemas puidemos escoitar no programa que na Auga Radio lle adicaron as alumnas de 1º ESO.

Convidámoste a 👀 e 👂 neste vídeo!!! 




9 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 XELA ARIAS, poeta e tradutora, é este ano a homenaxeada pola Real Academia Galega o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Que mellor ocasión para coñecela, que participar no programa de actividades no que colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro.

Ademais tedes acceso a unha extensa información, que sobre a súa vida e obra ofrece a Academia, no gadget, que coa súa firma e retrato temos desde comezos de ano na marxe dereita deste blog.

Seguiremos informando ...😉




23 de abril de 2021

QUE MELLOR CUNHA LECTURA COMPARTIDA ...


para festexar o Día do Libro! 📚

e nada menos que en oito idiomas diferentes! 💬

O desafío non puido saír mellor.

Aquí deixámosvos as fotos do evento e o texto lido.😍👀👇







19 de abril de 2021

PROGRAMA SEMANA DO LIBRO

 Sen Biblioteca este curso, celebramos, máis se cabe, o gozo da lectura ... poñendo a túa disposición nosas novas adquisicións, lecturas compartidas, unha nova edición do concurso de microrrelatos, recitais, música, ...












3 de marzo de 2021

CONVOCATORIA DO IV CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA

 CON OCASIÓN DO

DÍA DO LIBRO, O 23 DE ABRIL...

E COMO PRODUCTO DO TRABALLO DESENVOLVIDO NAS AULAS
CA UNIDADE DIDÁCTICA ELABORADA POLA AUGATECA PARA EXERCITAR AO ALUMNADO NESTA MODALIDADE NARRATIVA.


FÍXATE NAS BASES 

E PARTICIPA ! 👀👇