25 de novembro de 2021

EPB: CONTOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ONTE E HOXE ...

 Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a Augateca
sumouse as actividades desenvolvidas no Centro con tal motivo cunha
exposición na que recollemos o produto final do PDI no que víñamos traballando os dous últimos meses.


Nel o alumnado de 1º de Bacharelato, nas materias de Plástica e de de L. Castelá, a instancias da BE, analizou e comentou unha selección dos contos que EMILIA PARDO BAZÁN escribiu para denunciar, no seu día, as agresións contra a muller nas súas máis variadas modalidades, desde a humillación ata o maltrato físico, pasando polo abuso.

Cando conmemoramos 100 anos desde o seu falecemento, o seu contido, pese aos progresos, segue a ser parte da nosa actualidade diaria.

Neste vídeo 👇👇 podedes 👀unha parte da exposición, na que o alumnado nos achega o compromiso feminista da autora dentro do que foi unha obra extensa, de elevado nivel literario e temática moi ampla, desde contos de misterio ata a novela naturalista.

Temos expostos algúns dos seus títulos máis representativos.

 📚 Botade unha ollada! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario