8 de xuño de 2022

INTERPRETANDO O MUNDO DO "PRINCIPIÑO"

 Expoñemos estes días nos corredores anexos a Augateca o resultado do PDI  deseñado e coordinado pola Biblioteca ao longo destes dous últimos trimestres, a partir da lectura compartida  nas aulas de 1º ESO e en horario lectivo dunha obra en formato dixital, O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry. 😍

Destinado a formar lectores competentes e a desenvolver o hábito lector. Participaron os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá. 😅

Nosos parabéns a todos, alumnado e profesorado por tan bo traballo!!! 👏👏👏



7 de xuño de 2022

RECOÑECEMENTO DUN TRABALLO EXTRAORDINARIO

 Vai rematando o curso e, ainda que sempre presentes nas numerosas entradas do noso blog,  non tiveran a súa propia reportaxe...

 Estamos a falar de nosos voluntarios e voluntarias,😍 sempre alegres e dispostos a axudar en calquer tarefa.   

Noso máis sincero agradecemento a todos eles!!!

👏👏👏 E como as palabras non chegan ... o día 14 ímonos de excursión a Santiago, para que entre outras actividades elixan e merquen novos fondos para a Augateca.😉











5 de xuño de 2022

 HOMINIDAE

O departamento de plástica fai dos cranios, lenzos paleoantropolóxicos, obras de arte.