Expoñemos estes días nos corredores anexos a Augateca o resultado do PDI deseñado e coordinado pola Biblioteca ao longo destes dous últimos trimestres, a partir da lectura compartida nas aulas de 1º ESO e en horario lectivo dunha obra en formato dixital, “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry. 😍
Destinado a formar lectores competentes e a desenvolver o hábito lector. Participaron os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá. 😅
Nosos parabéns a todos, alumnado e profesorado por tan bo traballo!!! 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario