Onte
entregamos os premios 🏆
aos gañadores do V
CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA(cuxa
acta publicamos o pasado luns),
un libro escollido de xeito personalizado e un vade para súa mesa de
estudo.
Algúns
deles, a dicir do xurado, teñen un talento que
deben cultivar e desenvolver. Non lles perderemos a pista! 😉
Parabéns
a todos eles!!!.
👏👏👏
E
hoxe rematamos a SEMANADOLIBRO
por
todo o alto: XOGAMOS
AO TRIVIAL!.
A Augateca tomou a palabra con preguntas aos equipos concursantes
sobre as máis variadas materias. Para elo contamos ca colaboración
dos departamentos de Matemáticas e Galego.
O
nivel foi moi bo! 😎💪
Grazas
a todos pola vosa participación!!!
Tedes
unha reportaxe de ambos eventos neste vídeo 👀😍👇
Onte
a CANDELORIA
ría 🌞,
pode que “o inverno estea por pasar”, pero desfrutamos dun día
case que primaveral para rematar as actividades programadas
para a ocasión.
Neste
vídeo
recollemos as exposicións
dos traballos
do alumnado de 1º ESO e 1º BACH (orixes
nas festas Lupercais da Antiga Roma, pervivencia cristiá,
paralelismos co “día da Marmota”, refráns, poemas, ...); de
libros
e paxaros;
a entrega
de premios aos mellores tatuaxes
e a
sesión de tatuaxe
no recreo con photocall
incluído.
Onte,
grazas á xenerosidade do alumnado de 3º ESO A, que ten este curso a
Biblioteca como aula a tempo completo, puidemos entregar
os premios
do IV
CONCURSO DE MICRORRELATOS AUGATECA
no espazo que merecía a ocasión. 😍🎁📚
Os
seus calorosos 👏👏👏 arrouparon aos gañadores desta edición e
pecharon o programa de actividades da Semana
do Libro.
Podedes 👀 as fotos do acto e un pouco máis abaixo 👇 os textos 📜 premiados.
Onte
fixemos entrega do
premio, como gañadora do I
CONCURSO STOP MOTION – LETRAS GALEGAS 2020, a
Victoria
Choren Rodríguez (alumna
de 1º ESO A). Oseu
estupendo traballo podédelo ver na entrada da semana pasada, na que
anunciábamos o resultado.
Victoria
tivo palabras de agradecemento para o seu irmá, que axudouna ca
animación,
e mostrouse moi contenta cos libros e o marcapáxinas que recibiu de
mans de Elena, a súa profesora de galego.😄
E,
como boa lectora que é, prometeunos un comentario para
noso blog
das novelas de
Tintimán cando as teña lidas.👌😉
O
alumno Pedro Estévez Losada,
de 2ºBACH A, e o profesor Juan Martínez,
foron os lectores que máis
fondos levaron en préstamo o
pasado curso.
Disfrutan ca lectura e o transmiten!!!
Que
mellor que agasallar aos nosos usuarios máis lectores,
para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA
BIBLIOTECA ESCOLAR (24 de outubro).
O
lema de este ano “Bibliotecas, sempre ao
teu carón” lémbranos no noso caso que, inda que
pechada a Augateca
como espazo polas circunstancias tan complexas que estamos a vivir
(este curso é un aula), seguimos ao servizo da comunidade educativa
ofrecendo información ,recursos e préstamo de fondos a través do
noso blog.
A Augateca, escenario habitual de partidas de xadrez nos recreos, acolleu onte o III Torneo de Xadrez Intercentros da nosa localidade. Houbo premios para todos os participantes.👏👏👏🏆
A exposición de post-it, con
que o alumnado do Centro participou no sorteo da Augateca
“Amor, mellor en verso”, engalanou estes días a
entrada da biblioteca. 💓💙💚💛
Nela
desenvolveuse, no recreo do día de San Valentín, o obradoiro de
papiroflexia do que saíron un bo número de marcapáxinas con
forma de corazón.💟
A
semana seguinte mergullados xa no espírito do Entroido celebramos o
sorteo e entregamos os premios as afortunadas
gañadoras. 💝
O
venres
26 no recreo pechamos a SEMANA
DO
LIBRO
na Augateca como empezamos, cunha festa. Entregamos
os diplomas📜 e os agasallos🎁 (un
libro e unhas chuches) aos 20 premiados nas distintas categorías da
III
EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA,
que este curso ampliou as posibilidades de participar en diferentes
idiomas (galego, castelán, inglés e francés) nas tres
subcategorías.
O
éxito de participación foi rotundo. E
a selección foi difícil pola orixinalidade e calidade dalgúns
deles .😍
Nosos
parabéns a todos e todas!!!👏👏👏
Aquí
tedes os microrrelatos premiados e a súa autoría e
máis abaixo o vídeo-resumo de toda a SEMANA
DO
LIBRO.👇👀
Estes
días de decembro foron especialmente festivos na Augateca. O
alumnado voluntario esforzouse en
crear un ambiente cálido, cunha preciosa decoración
de Nadal, para acoller no noso espazo unha gran
variedade de actividades, algunhas das cales fomos
anunciado xa desde este blog.
O
taller de pop-up elevou moito a
calidade e orixinalidade das postais
do Nadal que se presentaron ao concurso
que este ano,
cuxos premios entregamos o mesmo día que celebramos a
exposición con todas as
novidades incorporadas este trimestre aos nosos fondos.
🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅
Algunhas figuran na guía de lecturas,
coas recomendacións escollidas para estas vacacións, que vos
repartimos. Usade os códigos QR para acceder ás reseñas,
vídeos, etc.
Foi
un éxito a liga de xadrez 👏👏👏
e a charla-coloquio
sobre emigración;
🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄🎅🎄
e espertou verdadeiro entusiasmo a proxección da película “No corazón do mar”... así que cremos merecémonos un descanso!