Arrincou o pasado venres a actividade do espazo creativo con xogos e desafíos matemáticos.
Dada a elevada participación invadimos unha parte importante da Augateca.
O recreo fíxose corto ... e agardamos con impaciencia a nova cita semanal! 😍
Arrincou o pasado venres a actividade do espazo creativo con xogos e desafíos matemáticos.
Dada a elevada participación invadimos unha parte importante da Augateca.
O recreo fíxose corto ... e agardamos con impaciencia a nova cita semanal! 😍
A PARTIR DESTE VENRES, TODOS OS VENRES DO CURSO, ESTARÁ ABERTO O ESPAZO CREATIVO DA Augateca para que desfrutedes cos xogos e desafíos matemáticos que alí temos.
Contaredes ca axuda da profesora Noemí Fernández.
Onte festexamos O DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 de outubro) cunha XORNADA DE PORTAS ABERTAS na Augateca , para dar a coñecer os novos fondos, servizos e espazos, despois de permanecer pechados o pasado curso.
O obxectivo sintonizaba plenamente co lema deste ano, que fai fincapé no papel das bibliotecas como xanelas para LER, espazos onde APRENDER e lugares para DESCUBRIR.
A convocatoria resultou un éxito rotundo de afluencia e participación, como reflicten as imaxes recollidas no vídeo.👀👇
Moitas gracias polo voso interese e entusiasmo!!!😍
Tiñamos tantas ganas de saír por cogomelos, despois do pasado curso, que adiantamos a cita que normalmente situábamos en novembro.
E non saímos defraudados! O día foi magnífico e o resultado espectacular na variedade de exemplares atopados.
A xornada comezou cunha charla formativa na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico , editado polo noso equipo, cunhas nocións básicas sobre o mundo do cogomelos e a importancia da conservación dos mesmos no seu hábitat natural.
Despois saímos a procura e recolleita pola fraga das inmediacións ao Centro, e adicamos dúas horas á clasificación no laboratorio de bioloxía coa axuda das guías que temos nos fondos da BE. o que permitiu montar unha fermosa exposición na entrada da Augateca.
Lástima que sexa tan efémera!
Parabéns ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!!👌👏👏👏
AQUÍ 👇 TEDES O QUE RESTA DA REPORTAXE👀 QUE RESUME A XORNADA
Organizados en dous equipos, azul e laranxa, traballaron denodadamente para conseguir os mellores resultados, inda que ao final foron só dous os grupos gañadores.
Parabéns pola vosa labor !!! 👏👏👏
E para facervos unha idea da emoción con que se viviu a competición... que mellor cun vídeo!!! 👀👂👇😉
Este curso recuperamos a Biblioteca como espazo propio e vimos con moitas novidades:
novas instrución de préstamo e devolución de fondos
novos estantes e seccións
novos obradoiros, no espazo creativo, nos recreos: xogos matemáticos. Programación, robótica,...
recuperamos o voluntariado
estreamos laboratorio de radio (augaradio)
club de lectura, agora tamén para adultos
e
moitas actividades: saídas, concursos, exposicións,...