Como é xa tradición no noso instituto, o 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, os alumnos/as de 1º de Bacharelato dirixiron unha homenaxe á escritora galega máis universal. No acto recordamos a súa obra nun recital de poemas ambientados con música tradicional e con unha proxección de imaxes da vida e legado de Rosalía.
Preme na imaxe para ver as fotos.
26 de febreiro de 2016
16 de febreiro de 2016
O DIA DOS NAMORADOS
Seguindo
unha iniciativa da Augateca, alumnos e alumnas do noso centro, deixaron
a súa pegada de amor recordando citas de grandes autores da literatura universal. Rubén Darío, Rosalía de Castro, Manuel María, Miguel de Cervantes e moitos máis aliáronse có noso alumnado para facer as súas declaracións de amor e amistade.
Preme no enlace para acceder á galería.
Preme no enlace para acceder á galería.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)