Os días 23 e 24 celebramos no Centro O DÍA DO LIBRO cun variado programa de actividades organizadas pola Augateca e o departamento de Lingua Castelá, ca colaboración dos nosos Voluntarios.
O día 23 o alumnado de 1º ESO disfrutou, en dúas sesións moi animadas, da visualización e comentario da CLAYMATION (animación en plastilina) "A flor máis grande do mundo", baseada nun texto homónimo de José Saramago (que tamén é o narrador da curtametraxe). E atrevéronse a poñer palabras, cas súas propias versións escritas, alí onde so había imaxes.
Se queres ver o conto pincha no link "A flor máis grande do mundo"
EU TAMÉN ESCRIBO CON SARAMAGO on PhotoPeach
Ese mesmo día entregáronse os premios aos gañadores do CONCURSO DE RELATO CURTO E POESÍA. A lectura das súas obras foi moi emocionante. NORABOA!!!
- Antón Táboas Pazo , 1ºESO B: RELATO "El día que nunca existió"
- Antía Juiz Rodríguez, 1º ESO B: POESÍA "Moxty"
- Laura Meón Mera, 1º ESO B: POESÍA "Recuerdo que ..."
- Yaël Lorenzo Osorio, 2º PCPI: La cuna vacía"
CONCURSO LITERARIO on PhotoPeach
O MERCADIÑO DE LIBROS o día 24 no recreo foi todo un acontecemento e un éxito de público e ventas. Sen dúbida tivo moito que ver a simpatía dos nosos Voluntarios. Repetiremos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario