Onte o alumnado do Club de Lectura- Augateca esperaba ilusionado á autora da novela que estas últimas semanas ocupara o seu tempo de lectura, de reflexión e de charla. E non lles defraudou!, todo o contrario.
Pilar Ortega esmerouse cos seus interlocutores favoritos, os lectores xuvenís, respondendo as preguntas que aos poucos foron desvelando o xerme da novela que lles cativou, os seus lazos afectivos cos personaxes, o proceso creativo... Para adentrarse, ao mesmo tempo, na súa vocación temperá de escritora, as súas peripecias editoriais, a ansiada e necesaria gratificación que supoñen os premios literarios, etc.
Agradecemos a Pilar a naturalidade e o agarimo que nos brindou. Esperamos que as obras nas que traballa cheguen pronto ás librarías, para atoparnos de novo ao redor delas.
E aos que aínda non leron “Ou segredo da Al’ Eume” dicirlles que non o pensen, encantaravos como a todos nós. (Ah!, agora temos todos os exemplares firmados pola autora! 😎 )
A continuación tedes as fotos do coloquio na Augateca e un vídeo da entrevista radiofónica, que podedes volver a escoitar nos podcast da Augaradio..👀👂👇
Parabéns a todos os que participaron polo seu excelente traballo!!! 👏👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario