23 de marzo de 2020

DIMOS VOZ ÁS ESCRITORAS



O luns 9 de marzo, baixo a lema “DAMOS VOZ ÁS ESCRITORAS”, iniciamos a axenda de actividades organizadas pola Augateca para conmemorar o 8 de marzo.
O alumnado de ESO, FPB e Bacharelato protagonizaron a lectura compartida en galego, castelán e inglés, dunha selección realizada para a ocasión de fragmentos literarios de autoras como Aurora Bertrana, Juana Manso, Carmen Laforet, Isabel Allende, Pilar Montero, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Chimamanda Ngozi Adichie, Virginia Woolf, Mary Wollstonecraft, Hellen Keller, Sylvia Plath, ou entre outras, mulleres que tiveron un enorme peso na vangarda artística de principios do século XX, As Sinsombreiro : María Zambrano, Rosa Chacel, Concha Méndez ...

45 minutos emocionantes que contaron co fondo musical do concerto para piano n.º 2 da pianista e compositora francesa Marie Jaël que, dacabalo de finais do século XIX e comezos do XX, creou un método de ensino da técnica pianista aínda vixente.









Ao día seguinte proxectouse na Augateca, para o seu posterior debate, a película “Concepción Arenal, a visitadora de cárceres”, para o alumnado de 4º ESO e 1ºFPB. Complemento á exposición que durante toda a semana ocupou o espazo da nosa entrada para conmemorar o 200 aniversario o nacemento de Concepción Arenal. Pioneira do feminismo español, xornalista e escritora, a exposición, elaborada polo alumnado de 1º FPB, recolle retrincos da súa vida e da súa obra, resaltando aquelas que foron as súas principais preocupacións, no contexto da España do século XIX que lle toca vivir, a reivindicación dunha educación para a muller en condicións iguais ás do home ou a humanización dos cárceres. 
NESTE VÍDEO TES UN RESUMO DE TODAS ACTIVIDADES👀👂👇




Ningún comentario:

Publicar un comentario