18 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


Do 14 ao 18 de maio tiveron lugar no instituto diversas actuacións de dinamización da nosa lingua e as nosas letras, este ano dedicadas á autora María Victoria Moreno, polo que o lema escollido recollémolo a partir dunha frase de Anagnórise, a súa novela máis recoñecida: As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos. O espazo escollido foi nomeadamente a Augateca. A seguir mostramos un repaso das actividades desenvolvidas.



EXPOSICIÓNS SOBRE MARÍA VICTORIA MORENO:


. Vida, creación e compromiso. Situada polo alumnado de 1º da ESO no edificio principal.
. Unha ollada a través dos seus libros, disposta por 2º ESO B no edificio de Bacharelato.
. Publicacións do fondo da Augateca.



PROXECCIÓN DOCUMENTAL

O martes 15 e mércores 16 proxectouse na Augateca o documental María Victoria Moreno, galega por amor para o alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato.



DÍA GRANDE DAS LETRAS, VENRES 18 DE MAIO

Ao día seguinte do feirado das Letras Galegas do día 17, organizamos unha dupla actividade:

. Os recreos da comedia, protagonizados na Augateca polo alumnado de 1º da ESO A e B, co fin de fomental a expresión oral en lingua galega, @s miúd@s prepararon diferentes monólogos, contos, chistes e diversas representacións, que conxuntamente coa merenda das 11, serviron para botermos unha risas galegas e en galego.



Mural A poesía ten nome de muller. Para pór o ramo á festividade das letras galegas o alumnado de 2º de Bacharelato do Clube de Lectura da Augateca pintaron un mural que contiña os versos seleccionados no concurso que desenvolvera Pedra da Linguam, o equipo de dinamización lingüística do centro, que trataba de facer unha escolma da poesía galega feminina, e que a partir desta data ficará indelébel e para o futuro na parede exterior do espazo denominado a Charca.






Ningún comentario:

Publicar un comentario