3 de maio de 2018

GUSTOUCHE A SEMANA DO LIBRO?



Nós rematamos case sen folgos!😉


A actividade máis esperada e de maior éxito foi sen dúbida
O MERCADIÑO DE LIBROS, onde cada ano SUPERAMOS os RESULTADOS do anterior.💪




GRAZAS pola vosa resposta!

e un aplauso 👏👏👏 para o noso EQUIPO DE COLABORADORES, que o prepararon durante días e, chegado o día 23,
repartiron entusiasmo nun ambiente festivo,facéndonos pasar un rato moi agradable!




O día 24 inauguramos DÚAS EXPOSICIÓNS:
  •  a primeira, “Breve paseo editorial por el Quijote”, organizada ca colaboración do Departamento de Lingua castelá, foi posible gracias a cesión temporal dos exemplares máis variados que a comunidade educativa tiña nas súas bibliotecas particulares, dende edicións do século XVIII, cómics, traduccións a outras linguas,versións cinematográficas... UN LUXO!






















  • a segunda, “O universo de Frankenstein”, recolleu os resultados dos traballos realizados polo noso alumnado, en resposta ao proxecto que impulsamos para conmemorar o bicentenario da publicación de “Frankenstein o El moderno Prometeo” de Mary Shelley, e a partir da mostra de materiais e recursos a vosa disposición na Augateca e neste blog, no mes de xaneiro.
    As aportacións foron as seguintes:
- O alumnado de 4º ESO: leu a obra adaptada en inglés e redactou pequenos comentarios neste idioma; traballou na materia de historia o contexto histórico da obra e da súa autora, as achegas e influencias que recolle do entorno familiar, intelectual, artístico e científico, plasmándoo nun organigrama-mural; e recolleu datos biográficos doutras mulleres contemporáneas de Mary Shelley na materia de valores éticos.

- O alumnado de grego de 1º de Bacharelato elaborou un vídeo no que analiza o mito de Prometeo co apoio visual de cadros de todos os tempos e conclúe analizando as diferencias e similitudes coa novela de Frankenstein, con música de Ludwig van Beethoven, “Las criaturas de Prometeo”. MOI INTERESANTE!😍





- O alumnado de 1º ESO, na materia de ética, traballou as emocións da criatura e o seu creador, plasmadas mediante debuxos.

- O alumnado de 3ºESO na materia de EPVeA deu renda solta a súa creatividade imaxinando, a partir do texto lido, como sería a aparencia do monstro, empregando a cor como elemento clave para resaltar as súas características físicas e psicolóxicas.


PERO MOITO MELLOR E QUE 👀UN RESUMO DAS EXPOSICIÓNS!!! 👇



O alumnado de 4ºESO elaborou uns booktrailers para animarvos a ler a novela se non a coñecedes.











Ningún comentario:

Publicar un comentario