21 de febreiro de 2017

SEMPERE E IRLANDA II

A actividade que tiñamos preparada para nosos convidados irlandeses do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway foi todo un éxito.

 Alumnado e profesores participaron nas diversas fases da mesma, tanto na Augateca como na aula de plástica, por onde rotaron por quendas, con verdadeiro entusiasmo.

O noso alumnado de 4º ESO púxolles ao tanto da figura de Sempere e a súa experiencia co "light painting", e propúxolles reeditala con debuxos e fotografías dos motivos que máis se repiten nos petróglifos, tanto galegos como irlandeses, para logo montar unha animación con música celta.

Aquí tedes o vídeo do making-of 🔻👀👂


E aquí 👇 o produto final. CHULÍSMO,NON? 😍


Ningún comentario:

Publicar un comentario