Que mellor para inaugurar as xornadas da SEMANA DO LIBRO, que organizamos cada curso desde a Augateca, este ano baixo o lema “A biblioteca ten a palabra”, que un CONTACONTOS en francés.
Fillo da tradición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes antigas. E alí encontra a inspiración para o seu amplo e variado repertorio, formado fundamentalmente por historias, anécdotas, parábolas e mitos africanos.
O alumnado da ESO, asistiu e interactuou con el en quendas ao longo da maña, acadando unha atmosfera máxica entretecida a base de palabras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario