26 de novembro de 2013

POR QUE REGALAR UN LIBRO?

1. Os libros funcionan con só abrilos (non necesitan batería).
2. Envolvelos é sinxelo.
3. Non necesitas escoller talla.
4. Podes escribir nel unha frase bonita para o destinatario.
5. Os libros non pasan de moda!
6. Os libros poden ser levados a calquera parte (incluso pasan os controis dos aeroportos!).
7. Existen libros para cada tipo de persoa.
8. Son baratos para permitir a entrada a mundos enteiros.
9. Os libros poden facer que as persoas sexan mellores.
10. Probablemente, os destinatarios prestaranche os libros cando os terminen.

Ningún comentario:

Publicar un comentario