1 de decembro de 2013

DEDICATORIAS DE LIBROS PERVERSAS


Estamos cansos de coller a primeira páxina dun libro e ler o de "Á miña querida familia, sen cuxo amor e paciencia este libro non tería sido posible ", e cousas polo estilo. Non é así cando a dedicatoria vai para alguén que non se o espera, e o que o autor máis que querer, detesta.
Este é o caso da dedicatoria con que Tobias Lobo rubricou "Vida deste mozo", cheo de amargura e resentimento: "O meu primeiro padrasto adoitaba dicir que co que eu non sei podíase encher un libro. Aquí está."
E. E. Cummings decidiu dedicar o seu libro cun "Non grazas", ós que non creron nel. En concreto, ás 14 editoriais que rexeitaran os seus poemas, e para facelo mellor aínda, fixo que os seus nomes formaran unha furna.
Charles Bukowski, na súa primeira novela, "Carteiro", non atopou a quen dedicar o seu libro e escribiu: "Isto é unha obra de ficción e non está dedicado a ninguén."
Algunhas dedicatorias comezan seguindo o guión inicial para, a continuación, dar un xiro inesperado. José J. Rotman escribiu nos seus "Fundamentos da topoloxía alxebraica": "Á miña muller e ós meus fillos Margarnit Ella Rosa e Daniel Adam, sen os cales este libro tería sido rematado hai dous anos".
E por que non dedicar o teu libro a un político? Pedram Amini fíxoo en '"Fuzzing : Brute Force Vulnerability Discover": "Dedico este libro a George W. Bush, o meu comandante en xefe, cuxa impresionante carreira, a pesar da súa incompetencia lingüística, me inspirou a crer que eu podería escribir un libro".

FONTE: http://www.libropatas.com/libros-literatura/dedicatorias-de-libros-con-un-poco-de-maldad/

Ningún comentario:

Publicar un comentario