Chegamos ao remate do curso e tamén do noso proxecto estrela.
Parabéns a todos os que participáchedes nel, xa como actores ou actrices principais ben como entusiasta público.
A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio foi todo un éxito, froito de moitos meses de traballo e de ilusón.
Aqui tedes por fin un recopilatorio de todas es experiencias mostradas na Feira e un vídeo resumen da mesma.
https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/
Esta actividade foi noticia no sitio oficial do Ano Internacional da Luz 2015
Que o disfrutedes e feliz verán!!!
19 de xuño de 2015
16 de xuño de 2015
Benvida ós nov@s usuari@s da Augateca
Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. A Augateca deulles a benvida, realizando un pequeno xogo no que todos resultaron gañadores e recibiron un agasallo.
5 de xuño de 2015
Hospital de libros
Dúas voluntarias da Augateca, de 2º de Bacharelato, adicaron o seu tempo a restaurar libros, que xa pasaron por moitas mans pero que aínda poden ser útiles.
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)