5 de marzo de 2018

NOVO SERVIZO: MOCHILAS DE GARDA


A partir do xoves, 8 de marzo, xa podedes pedir aos PROFES DE GARDA que vos leven unha das MOCHILAS que preparamos CON LECTURAS VARIADAS, escolleitas para poder gozar delas o que dura unha clase.Hai comics, revistas, relatos curtos, albumes ilustrados de diversas materias, ... en galego, castelán, inglés e francés.


PODEDES FACER SUXESTIÓNS PARA RENOVAR O SEU CONTIDO!

Dentro de cada mochila hai unhas instrucións para o seu uso e unha folla de rexistro cos materiais que conteñen.

A HORA DE GARDA PODE CONVERTERSE NA TÚA HORA FAVORITA DE LECTURA!!! 😉



A QUE MOLAN!!! 😎👆👉


2 de marzo de 2018

NOVOS TÍTULOS NO NOSO CATÁLOGO


Seguimos ampliando e diversificando a colección da biblioteca.
Aquí tedes o último!
Hai para todos os gustos, 📚 e algúns xa teñen lista de espera...
A que agardades, vinde a por eles!😍




26 de febreiro de 2018

E ASÍ FOI NOSO HOMENAXE A ROSALÍA

Reunímonos na Augateca, engalanada para a ocasión, e quedamos abraiados ca proxección dos VIDEOPOEMAS elaborados polo alumnado de 2º de Bacharelato B.😮
Iria Fernández, Isaac Garrido e Lucía Rodríguez
Noraboa pola súa sensibilidade e bo facer!👏👏👏
👇 os tedes para voltar a 👀, paga a pena!



O alumnado de 1º de Bach e de 3ª da ESO COMPARTIRON con todos nós LECTURAS de poemas de Rosalía,
e rematamos a festa asomándonos á fiestra do PHOTOCALL que prepararou o alumnado de 1º ESO.👀👇😍


20 de febreiro de 2018

II CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA

CON OCASIÓN DO DÍA DO LIBRO,

O 23 DE ABRIL...

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
TES ATA O 5 DE ABRIL PARA PRESENTAR  O TEU MICRORRELATO

12 de febreiro de 2018

XORNADAS FORMACIÓN ALFIN


O alumnado de ESO retoma as xornadas de formación de usuarios este segundo trimestre incorporándose ao proxecto documental integrado “CLEPSIDRA: A SACRA ORDE DO ALFIN”, creado e coordinado pola Augateca, para a alfabetización informacional do noso alumnado.

Nel traballan alumnos de todos os niveis educativos, desde principio de curso, coa colaboración de numerosos departamentos didácticos.

O seu resultado presentarase en maio, con ocasión do mes da ciencia na Augateca.

O alumnado de 1ºESO aprenderá a buscar información e tratala, para finalmente, xa no terceiro trimestre, comunicar os coñecementos adquiridos sobre a orixe histórica da clepsidra, empregando as ferramentas dixitais que poñemos á súa disposición no repositorio ALFIN do noso blog.




6 de febreiro de 2018

VISITANTES DE MONDARIZ

O pasado venres visitou noso Centro o alumnado de 4º ESO do CPI de Mondariz, para coñecer nosas instalacións e oferta educativa.

Na Augateca démoslles a benvida non só falando dos servizos que prestamos, senón que puideron ver de primeira man algúns dos proxectos interdisciplinares e colaborativos que temos en marcha para traballar a ALFIN e a AMI, como o da “Clepsidra”, ou nos que cooperamos, como o plan proxecta meteoescolas.

Como agasallo levaron nosos marcapáxinas.😉