8 de marzo de 2019

IMPRESIÓNS DA VISITA AO MUSEO MASSÓ

Aquí tedes un vídeo👀 no que resumimos a visita 🚌do alumnado de 4º ESO ao Museo Massó en Bueu para obter información de primeira man sobre a transcendencia que tivo en Galicia a caza da balea.Un paso máis na actividade de investigación que están a realizar sobre a pesca da balea🐋 ao longo da historia, como parte do proxecto integrado, deseñado e coordinado pola Augateca, para conmemorar o bicentenario do nacemento de Herman Melville, autor da novela Moby Dick, e cuxos resultados comunicarán na Semana do Libro.
👇👀👂


7 de marzo de 2019

ALFIN. PROCURA DE INFORMACIÓN.


Belinda. Licenzas. CC-BY-SA
Belinda. Google. CC-BY-SA
O alumnado de primeiro da ESO desenvolve as súas competencias  ALFIN na  Augateca. Hoxe foron tratados temas tan importantes como a procura de información, a propiedade intelectual, e como facer referencias  webgráficas e bibliográficas precisas  e respectuosas coa  lei. O profesorado da  Augateca guía  ao alumnado nunha práctica, que servirá para a correcta procura de información e para a súa posterior reelaboración e publicación, enmarcada no  proxecto documental integrado Hominidae.

Belinda. Citar unha páxina web. CC-BY-SA

23 de febreiro de 2019

CELEBRAMOS A ROSALÍA


En colaboración co departamento de Galego conmemoramos o día de Rosalía compartindo poemas e pensamentos.





4 de febreiro de 2019

ESTREAMOS MOBILIARIO


SEGUIMOS TRABALLANDO NA REORGANIZACIÓN DO NOVO ESPAZO.
Engadimos unha mesa modular e un estante con rodas de gran capacidade.

Esperamos sacarlle o máximo proveito😅😉