Despedímonos,
ata o vindeiro ano, ca entrega dos PREMIOS
do CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL que
como sempre contou cunha elevada participación
e calidade.
Parabéns
aos gañadores!!!👏👏👏😃
E
moitas gracias ao voluntariado da Augateca
pola fermosa decoración navideña!😉
O
alumnado de 2º de bacharelato ven traballando desde outubro, tomando
como núcleo central o Espazo creativo, na creación dunha consola
que da continuidade aoPROXECTO
DOCUMENTAL INTEGRADO “HOMINIDAE”, creado
e coordinado pola Augatecao
pasado curso ca
colaboración principal dos depatamentos didácticos.
E
xa temos os primeiros resultados, unha consola
cos sete cranios ao 30%, replicas exactas de fósiles
reais, para o estudo da evolución do clado* da familia
Hominidade e a programación dunha placa electrónica para o
funcionamento da consola.
O
alumnado de 1º ESO incorporouse as actividades ALFIN
da Augateca
iniciando a súa formación con dúas sesións básicas, as adicadas
ao coñecemento da nosa Biblioteca: zonas, servizos, fondos, ... En
definitiva, como espazo creativo de aprendizaxe, no que deben ser
quen de integrarse de forma autónoma para desfrutalo.
Guiados
por Nacho, membro do noso equipo caracterizado para a ocasión como
Adso de Melk (o axudante na investigación que realiza Guillermo de Baskerville na novela de Umberto Eco "O nome da Rosa"), fixeron uso dos recursos que temos no repositorio ALFIN da nosa Aula Virtual.
Tamén
entraron en contacto co PDI “Evolución
humana. Hominidae”, que
deseñado e coordinado dende a Augateca, vimos desenvolvendo dende o pasadocurso e ao que terán a posibilidade de incorporarse nos
seguintes trimestres para ampliar a a súa formación.
Un
curso máis a Augateca
completou a esperada 😍 XORNADA MICOLÓXICA,
tanto polo alumnado de 4º ESO, que cada outono encárgase
da recolleita, clasificación e
exposición dos cogomelos, como polo resto da comunidade educativa
que goza da variada e colorida mostra na entrada da Augateca.
A
xornada comezou cunha charla formativa
na propia BE, acompañada de diapositivas e o reparto dun tríptico,
editado polo noso equipo, que visualiza un resumo da mesma.
A
procura e recolleita pola fraga das
inmediacións ao Centro deu os seus froitos, o que permitiu montar a
exposición que aparece recollida nun
vídeo que vos mostramos 👀👇, xunto coas
fotos de toda a actividade.
Parabéns
ao alumnado de 4º ESO polo seu traballo!!! 👏👏👏
O
24 de outubro celebramos O DÍA INTERNACIONAL
da BE,
cunha nova XORNADA DE PORTAS ABERTAS non
recreo.
Como
noutras ocasións temos que agradecer a entusiasta participación de
toda a comunidade educativa e, especialmente, ao equipo da Augateca
e aos alumnos e e alumnas voluntarias do pasado curso no seu papel de
anfitrións, repartindo simpatía, marcapáxinas e os novos
trípticos informativos para dar a coñecer as innovacións nos servizos que ofertamos.😄👍
E
como fío condutor UNHA EXPOSICIÓN dos
nosos fondos de NOVELA NEGRA/ POLICÍACA,
un xénero que vive un momento dourado, espertando o interese tamén
dos lectores máis novos. Partindo da premisa de que son curiosos
por natureza, o desafío de resolver un enigma, case como un xogo que
ten moito de lóxico, do que se lles fai partícipes, vai
adentrándoos no pracer da lectura.
Desde
os autores máis clásicos, como Poe, Conan Doyle ou Agatha Christie,
pasando por Montalbán, aos últimos en chegar, como Ledicia Costas
ou Domingo Villar en forma de novela, cómic ou cinema, saíron dos
andeis da Augateca para chegar ás túas mans.