26 de febreiro de 2018

E ASÍ FOI NOSO HOMENAXE A ROSALÍA

Reunímonos na Augateca, engalanada para a ocasión, e quedamos abraiados ca proxección dos VIDEOPOEMAS elaborados polo alumnado de 2º de Bacharelato B.😮
Iria Fernández, Isaac Garrido e Lucía Rodríguez
Noraboa pola súa sensibilidade e bo facer!👏👏👏
👇 os tedes para voltar a 👀, paga a pena!



O alumnado de 1º de Bach e de 3ª da ESO COMPARTIRON con todos nós LECTURAS de poemas de Rosalía,
e rematamos a festa asomándonos á fiestra do PHOTOCALL que prepararou o alumnado de 1º ESO.👀👇😍


20 de febreiro de 2018

II CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA

CON OCASIÓN DO DÍA DO LIBRO,

O 23 DE ABRIL...

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
TES ATA O 5 DE ABRIL PARA PRESENTAR  O TEU MICRORRELATO

12 de febreiro de 2018

XORNADAS FORMACIÓN ALFIN


O alumnado de ESO retoma as xornadas de formación de usuarios este segundo trimestre incorporándose ao proxecto documental integrado “CLEPSIDRA: A SACRA ORDE DO ALFIN”, creado e coordinado pola Augateca, para a alfabetización informacional do noso alumnado.

Nel traballan alumnos de todos os niveis educativos, desde principio de curso, coa colaboración de numerosos departamentos didácticos.

O seu resultado presentarase en maio, con ocasión do mes da ciencia na Augateca.

O alumnado de 1ºESO aprenderá a buscar información e tratala, para finalmente, xa no terceiro trimestre, comunicar os coñecementos adquiridos sobre a orixe histórica da clepsidra, empregando as ferramentas dixitais que poñemos á súa disposición no repositorio ALFIN do noso blog.




6 de febreiro de 2018

VISITANTES DE MONDARIZ

O pasado venres visitou noso Centro o alumnado de 4º ESO do CPI de Mondariz, para coñecer nosas instalacións e oferta educativa.

Na Augateca démoslles a benvida non só falando dos servizos que prestamos, senón que puideron ver de primeira man algúns dos proxectos interdisciplinares e colaborativos que temos en marcha para traballar a ALFIN e a AMI, como o da “Clepsidra”, ou nos que cooperamos, como o plan proxecta meteoescolas.

Como agasallo levaron nosos marcapáxinas.😉




15 de xaneiro de 2018

200 AÑOS DE FRANKENSTEIN

Conmemoramos o bicentenario da publicación de 

Frankenstein o El moderno Prometeo”

de Mary Shelley

na súa primeira edición, acaecida en Londres en xaneiro de 1818, e para moitos o mito literario, xunto a Drácula, más influente da era contemporánea.


Para elo temos exposta na Augateca unha selección de diferentes edicións, a vosa disposición,📚😉 

 e unha selección de artigos de prensa e vídeos neste blog,👀 para que os acheguedes a figura da autora e coñezades algunhas curiosidades desta brillante obra.

PREME NOS LINKS!👇

Mary Shelley, con dezaoito anos, en tan so unhas poucas horas, esbozou o relato curto do que nacería Frankenstein ...

A película Remando al viento», de Gonzalo Suárez, evoca como de Mary Shelley, xunto a Byron, Polidori e o poeta Shelley aluman a criatura nunha noite de contos terroríficos.





Un monstro embrutecido o unha criatura sensible ...

Terás visto algunha peli do monstruo ...







Unha reflexión sobre os límites da ciencia, a ética ...


E despedímonos cun sorriso  😄












21 de decembro de 2017

ÍMONOS DE NADAL CON PREMIOS...

Cada ano é máis difícil elexir entre postaís elaboradas con tal enxeño!.😅

Pero non podíamos marchar sen entregar os premios e estás foron as máis votadas... 👇



Nosos parabéns aos gañadores, 👏👏👏 

que tiveron a fortuna de acadar un libro  e unha agarimosa manta  para acompañar a súa lectura nestas vacacións.



BO NADAL

E FELIZ 2018  !!!