Arrincaron
hoxe as reunións preparatorias do proxecto
interdisciplinar de animación á lectura en 1º ESO, que
se desenvolverá ao longo do 2º e 3º trimestre.
O
proxecto, deseñado e coordinado polo equipo da Augateca,
consistirá na lectura nas aulas da obra “A
evolución de Calpurnia Tate” da autora J. Kelly; á vez
que dende as distintas materias que colaboran ( Bioloxía,
Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá)
traballarase a comprensión e interpretación de contidos e
valores, a extracción de información e significados, a
contextualización, etc.
Cada
alumno plasmará o produto final da súa labor nun lapbook.
Estamos
desexando comezar!!! 😍