O mércores día 29 de marzo, as alumnas e alumnos de 1º
e 2 da ESO do IES Pedra da Auga fixemos unha visita á cidade de Pontevedra, con
dous obxectivos: visitar o Museo de Pontevedra e acudir ao Salón do libro.
Así ás 10:00 entramos no museo de
Pontevedra.
Despois de acollernos con moito agarimo, dividíronnos en dous
grupos e comezamos a aventura. Primeiro observamos detidamente a pintura de
Ovidio Murguía (fillo de Rosalía da Castro), a continuación detivémonos na obra
de Sotomayor para logo recrearnos con violinista Manuel Quiroga e a súa faceta
de caricaturista e pintor e rematamos coa figura de Castelao, aquí levamos unha
sorpresa agradable sorpresa ao contemplar tres cadro de gran formato que o
rianxeiro fixera por encarga do mecenas Enrique Peinador para o veciño
Balneario de Mondariz, tres pezas enormes para gozar coa vista e perderse na
paisaxe galega.
Rematada a visita perdémonos polas rúas de Pontevedra e
descansamos na praza da Ferrería.
Ás 12:00 chegamos a XVIII edición do Salón
do libro, onde nos estaban agardando dous monitores, Adrián e Ricardo sen
esquecernos da mascota do salón. O lobo Orbil, que nos encheu de agarimosas
apertas. Aquí tamén organizados en dous grupos fixemos unha visita moi
entretida con actividades diversas ao redor do mundo do libro e do tema deste
ano “O mundo que queremos”.
Así foi o noso día pasámolo xenial e
esperamos que se repita. Agradecer a Augateca a súa iniciativa e aos profesores
que nos acompañaron a súa compaña.
Podedes ver o vídeo onde resume perfectamente a visita a Pontevedra.
Podedes ver o vídeo onde resume perfectamente a visita a Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario