24 de outubro de 2017

UN NOBEL MOI MERECIDO

Fai  uns días o escritor británico KAZUO ISHIGURO  foi galardoado co PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2017.






Quizais o coñezas a través da exitosa adaptación ao cine




 de dous das súas novelas, «Os restos do día»👀👉
(a adaptación cinematográfica dirixiuna James Ivory en 1993)





ou a magnífica «Nunca me abandones» (levada ao cine en 2010 por Mark Romanek).
👈👀


Ishiguro forma parte da mítica xeración británica dos 80, a da resurrección da gran narrativa inglesa, que lanzou a escritores como Rushdie, Amis , Barnes ou McEwan.





Autor de sete novelas, cada unha constitúe a consagración dun xénero literario distinto, un reto estilísitco e ao linguaxe, nunha renovación e replanteamiento contínuo de temas, pero nas que sempre a memoria relaciónase co esquecemento, a historia co presente e a ficción coa realidade.

preme nos links 👉 para saber máis
                                     👉Ish para os amigos

INVITÁMOSCHE A  LER “ Nunca me abandones”, unha novela situada nun internado de adolescentes en Hailsham, do que nunca saíron,  e aos que, nunha formidable distopía, ocúltaselles a razón da súa existencia. O lector é o detective obrigado a resolver o misterio entre o thriller, o conto gótico e a denuncia crítica dunha sociedade  instalada no benestar a costa do engano.



Podes resistirte a levala?😉

Ningún comentario:

Publicar un comentario