O escritor ANTÓN RIVEIRO COELLO participou hoxe nunha animada charla-coloquio, co alumnado de 1º de Bacharelato, sobre a súa obra “A ferida do vento”
e logo visitou a nosa
biblioteca, onde estampou a súa dedicatoria
nos exemplares que temos na colección e
nos de todos aqueles que se achegaron a departir con el.
A novela,
ambientada en Xinzo de Limia, é unha homenaxe a Carlos Casares e
acadou moi boa acollida no noso alumnado.
Anímate a
lela!!!. 👀👇
Ningún comentario:
Publicar un comentario