24 de setembro de 2018

REPARTO DO CALENDARIO DA AUGATECA

A semana pasada repartimos por todalas aulas e dependencias do Centro o calendario mensual 📅da Augateca para o curso 2018-2019.

O calendario e froito do esforzo do alumnado de plástica de 3º e 4º ESO e de Debuxo artístico de 1º e 2º BACH. Que o pasado curso traballaron a tira cómica e a ilustración, empregando os recursos da Augateca, co obxecto de crear un calendario mensual cuxo tema xira en torno ao mundo do libro e a lectura.Este proxecto forma parte dunha iniciativa emprendida pola Augateca o pasado curso, encamiñada a potenciar a banda deseñada como ferramenta para desenvolver o pensamento crítico, a expresión escrita e gráfica e a creatividade en xeral.



Xa podedes anotar nel as datas dos exames, traballos e ...por que non... os aniversarios , festas etc.😉😍👇👀




Ningún comentario:

Publicar un comentario