O
alumnado de 1º e 2º de FPB e o de 1º e 2º de ciclo medio
de Electricidade participaron na III Feira das Ensinanzas
Profesionais e Artísticas de Ponteareas o 4 e 5 de febreiro, representando ao noso Centro.
Presentaron unha pequena mostra do que se fai nos talleres de electricidade e os taboleiros que realizou, no ESPAZO CREATIVO da Augateca, o alumnado da ESO que acude nos recreos dos xoves. En concreto:
- Adestrador de instalacións básicas dunha vivenda realizado.
- Control dunha porta automática de garaxe cun PLC baseado en Arduino.
Parabéns a todos eles e noso agradecemento ao Departamento de electricidade !!!😀👏👏👏.
Ningún comentario:
Publicar un comentario