4 de novembro de 2022
Xoves Poético na Augateca
28 de outubro de 2022
Samaín na Augateca
20 de outubro de 2022
1º Musiké na Augateca
12 de outubro de 2022
Cine de humor na Augateca: Un funeral de muerte
11 de outubro de 2022
Ciclo de cine de humor na Augateca
10 de outubro de 2022
Musiké: A arte das musas
8 de outubro de 2022
Comezamos o curso 2022-2023 - Novos proxectos
Ola a tod@s!
Desde a Augateca queremos darvos a benvida a este novo curso 2022-2023. Comezamos a nosa andaina na biblioteca cheos de ilusión e con moitos proxectos en mente.
Xa levamos un mes de clases e a Augateca segue a ser un espazo acolledor para todo a comunidade educativa do IES Pedra da Auga.
8 de xuño de 2022
INTERPRETANDO O MUNDO DO "PRINCIPIÑO"
Expoñemos estes días nos corredores anexos a Augateca o resultado do PDI deseñado e coordinado pola Biblioteca ao longo destes dous últimos trimestres, a partir da lectura compartida nas aulas de 1º ESO e en horario lectivo dunha obra en formato dixital, “O Principiño” de Antoine de Saint-Exupéry. 😍
Destinado a formar lectores competentes e a desenvolver o hábito lector. Participaron os departamentos de Bioloxía, Matemáticas, CCSS, Plástica, Lingua Galega e Lingua Castelá. 😅
Nosos parabéns a todos, alumnado e profesorado por tan bo traballo!!! 👏👏👏
7 de xuño de 2022
RECOÑECEMENTO DUN TRABALLO EXTRAORDINARIO
Vai rematando o curso e, ainda que sempre presentes nas numerosas entradas do noso blog, non tiveran a súa propia reportaxe...
Estamos a falar de nosos voluntarios e voluntarias,😍 sempre alegres e dispostos a axudar en calquer tarefa.
Noso máis sincero agradecemento a todos eles!!!
👏👏👏 E como as palabras non chegan ... o día 14 ímonos de excursión a Santiago, para que entre outras actividades elixan e merquen novos fondos para a Augateca.😉
23 de maio de 2022
20 de maio de 2022
SÉCURITÉ ROUTIÈRE!
E este foi o magnífico resultado!!!
19 de maio de 2022
16 de maio de 2022
15 de maio de 2022
TODA A SEMANA DA CIENCIA NUN VÍDEO
As imaxes falan por si soas da variedade e calidade dos proxectos e experiencias científicas presentados e defendidos ante a comunidade educativa, nesta SEMANA DA CIENCIA-Augateca, polo propio alumnado que os traballou estes últimos meses ca vista posta nestas datas.
Moitas
gracias a todos os participantes, profesorado e alumnado vinculado as
materias de Física, Bioloxía, Matemáticas, TIC e Plástica.👏👏👏
E, por
suposto, ao público por seu estímulo e achegas.😉
6 de maio de 2022
LER É UN PRACER ...
Co bo tempo estreamos o tantas veces aprazado punto de lectura informal ao aire libre, atendido polo voluntariado dá nosa BE.
Este espazo acondicionado no patio conta cun mural realizado polo alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacherelato para a Augateca.
5 de maio de 2022
4 de maio de 2022
29 de abril de 2022
BROCHE DE OURO PARA A SEMANA DO LIBRO
Onte entregamos os premios 🏆 aos gañadores do V CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA (cuxa acta publicamos o pasado luns), un libro escollido de xeito personalizado e un vade para súa mesa de estudo.
Algúns deles, a dicir do xurado, teñen un talento que deben cultivar e desenvolver. Non lles perderemos a pista! 😉
Parabéns a todos eles!!!.
👏👏👏
O nivel foi moi bo! 😎💪
Grazas
a todos pola vosa participación!!!
Tedes unha reportaxe de ambos eventos neste vídeo 👀😍👇
28 de abril de 2022
MERCAR UN LIBRO , UN SOÑO, UNHA VIAXE ...
Recobramos para a SEMANA DO LIBRO unha das actividades máis celebradas, O MERCADIÑO DE LIBROS.
A oferta foi do máis variada, grazas as vosas doazóns.
O facer dos voluntarios e voluntarias da Augateca, nun alarde de simpatía e profesionalidade, fixo do evento unha festa chea de bo humor, música e recomendacións lectoras.😉😍
Moitas grazas por participar!!!
👏👏👏
No seguinte vídeo 👀👂 tedes a reportaxe do mercadiño que fixemos e que inclúe tamén imaxes da actividade “UN LIBRO PARA TEU AMIGO INVISIBLE”, protagonizada polo profesorado un día antes.👇
































