19 de xuño de 2015

FEIRA DA LUZ - IYL2015

Chegamos ao remate do curso e tamén do  noso proxecto estrela.



https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/Parabéns a todos os que participáchedes nel, xa como actores ou actrices principais ben como entusiasta público.
A Feira da Luz, celebrada entre o 25 e o 29 de maio foi todo un éxito, froito  de moitos meses de traballo e de ilusón.
Aqui tedes por fin un recopilatorio de todas es experiencias mostradas na Feira e un vídeo resumen da mesma.


https://sites.google.com/site/feiradaluziyl2015/













http://ail2015.laserphotonics.org/?tribe_events=feira-da-luz-no-ies-pedra-da-auga-de-ponteareas
Esta actividade foi noticia no sitio oficial do Ano Internacional da Luz 2015

 Que o disfrutedes e feliz verán!!!








16 de xuño de 2015

Benvida ós nov@s usuari@s da Augateca

Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. A Augateca deulles a benvida, realizando un pequeno xogo no que todos resultaron gañadores e recibiron un agasallo.















5 de xuño de 2015

Hospital de libros

Dúas voluntarias da Augateca, de 2º de Bacharelato, adicaron o seu tempo a restaurar libros, que xa pasaron por moitas mans pero que aínda poden ser útiles.
E o resultado foi máis que sobresaínte!
Non sabemos que camiño seguirán estas alumnas a partir de agora pero, se todo o fan coa mesma dedicación e cariño, augurámoslles un bo futuro!



13 de maio de 2015

IV Concurso de Fotografía Matemática


O pasado día 12 de maio celebramos o Día Escolar das Matemáticas ca entrega de premios  do Concurso de Fotografía que, dende fai catro anos,

organiza o Departamento de Matemáticas do noso Centro.

Como todas as convocatorias estivo reñidísimo
e o xurado o tivo moi difícil para decantarse
polas mellores fotos. 

Parabéns aos gañadores!!!


  • 1º PREMIO: Samuel Fernández, 1º Bach, "lineas de nacimiento", esas enrrugas que se manteñen ata o remate dos días como os números na humanidade.
  • 2º PREMIO: Celeste Lorenzo, 1º ESO"Sucesión de  Pétalos de flores Fibonacci"
  • 3º PREMIO: Aroha Paños Boente, 2ºBach.Reflejos"unha parte do Atomium de Bruselas, Bélxica.
  • Premio categoría profesorado: Isabel Ávila Terzi, Departamento de latín, "Arte Exacto en la catedral de Palencia"



AQUÍ TES AS FOTOS GAÑADORAS E AS DO EVENTO:
 premios fotografía matemática on PhotoPeach

Coñecendo a figura de Fermín Bouza Brey


Desta volta, fixeron a crónica Sara Bugarín e Isaac Garrido. Bota unha ollada á súa reportaxe premendo na imaxe:

http://issuu.com/martatorreirosebastian/docs/ferm__n_bouza_brey_revisado-1



1

27 de abril de 2015

Día do libro


Os días 23 e 24 celebramos no Centro O DÍA DO LIBRO cun variado programa de actividades organizadas pola Augateca e o departamento de Lingua Castelá, ca colaboración dos nosos Voluntarios.





O día 23 o alumnado de 1º ESO disfrutou, en dúas sesións moi animadas, da visualización e comentario da CLAYMATION (animación en plastilina) "A flor máis grande do mundo", baseada nun texto homónimo de José Saramago (que tamén é o narrador da curtametraxe). E atrevéronse  a poñer palabras, cas súas propias versións escritas, alí onde so había imaxes.


Se queres ver o conto pincha no link  "A flor máis grande do mundo"


EU TAMÉN ESCRIBO CON SARAMAGO on PhotoPeach


Ese mesmo día entregáronse os premios aos gañadores do CONCURSO DE RELATO CURTO E POESÍA. A lectura das súas obras foi moi emocionante. NORABOA!!!

  • Antón Táboas Pazo , 1ºESO B: RELATO "El día que nunca existió"
  • Antía Juiz Rodríguez, 1º ESO B: POESÍA "Moxty"
  • Laura Meón Mera, 1º ESO B: POESÍA "Recuerdo que ..."
  • Yaël Lorenzo Osorio, 2º PCPI: La cuna vacía"

CONCURSO LITERARIO on PhotoPeach


O MERCADIÑO DE LIBROS o día 24 no recreo foi todo un acontecemento e un éxito de público e ventas. Sen dúbida tivo moito que ver a simpatía dos nosos Voluntarios. Repetiremos!!!


MERCADIÑO DE LIBROS on PhotoPeach

9 de abril de 2015

Non só lemos, tamén escribimos!

E para mostra, deixámosvos os relatos d@s alumn@s seleccionados para participar no concurso de relato curto de Coca-Cola, na edición deste ano.
Preme na imaxe para acceder ó documento: