16 de marzo de 2016

CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

        Alumnos e alumnas de 1º Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila, participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas, interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade: “Imperfectas”. Tamén leron poemas de algúns dos libros recentemente adquiridos na biblioteca como son "Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero" o "Libro do mal  amor"
        Os participantes demostraron as súas dotes artísticas e literarias así como a súa implicación na reivindicación da igualdade de xénero nunha actuación que recibiu  os aplausos e felicitacións de numerosas persoas congregadas na rúa diante da praza do Concello.
Preme aquí para acceder ao vídeo e información.
Preme na imaxe para acceder á galería.

26 de febreiro de 2016

HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO

Como é xa tradición no noso instituto, o 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, os alumnos/as de 1º de Bacharelato dirixiron unha homenaxe á escritora galega máis universal. No acto recordamos a súa obra nun recital de poemas ambientados con música tradicional e con unha proxección de imaxes da vida e legado de Rosalía.

Preme na imaxe para ver as fotos.



http://photopeach.com/album/nhakk4

16 de febreiro de 2016

O DIA DOS NAMORADOS

Seguindo unha iniciativa da Augateca, alumnos e alumnas do noso centro, deixaron a súa pegada de amor recordando citas de grandes autores da literatura universal. Rubén Darío, Rosalía de Castro, Manuel María, Miguel de Cervantes e moitos máis aliáronse có noso alumnado para facer as súas declaracións de amor e amistade.
Preme no enlace para acceder á galería.

28 de xaneiro de 2016

NOVOS FONDOS PARA A AUGATECA

A nosa biblioteca  conta con  novos libros que xa están a disposición de todos os usuarios.
Aquí tedes os títulos:




"FEIRA DA LUZ-IYL2015": PREMIO NO II CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

O IES Pedra da Auga foi galardoado no “II Concurso de Traballos por Proxectos” convocado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, polo traballo integrado e coordinado desde a biblioteca escolar: “FEIRA DA LUZ-IYL2015”.
“Feira da Luz” foi un proxecto desenvolvido ao longo do curso 2014-2015, coordinado pola profesora Mª Dolores Pardo e resultado dun traballo de equipo e colaborativo no que se implicaron  moitos departamentos do noso centro.
A idea xurdiu con motivo do nomeamento por parte da ONU do ano 2015 como “Ano Internacional da Luz e das Tecnoloxías baseadas na Luz”.  Así, desde o equipo da biblioteca escolar decidiuse celebrar unha feira que tivera como fío condutor  investigar e difundir a importancia da luz e as tecnoloxías baseadas na luz para a vida e para o desenvolvemento pasado, presente e futuro da sociedade mundial aos mais variados niveis.

11 de decembro de 2015

10 DE DECEMBRO: DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMAMOS

Con motivo da conmemoración do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", desde a Augateca amósamos unha ampla exposición de bos libros e películas relacionados con esta temática. Todos eles forman parte dos fondos da biblioteca e están a disposición de toda a comunidade educativa do centro.
Preme na imaxe para acceder á galería.
 http://photopeach.com/album/x7nqih