Alumnos e alumnas de 1º
Bacharelato coordinados polos profesores Matías da Torre e Isabel Ávila,
participaron nun acto no Concello de Ponteareas no que fixeron
distintas reflexións sobre a situación da muller na sociedade actual a
través de: lecturas de textos de creación propia, dun recital de poemas,
interpretación de raps,e da lectura dun manifesto pola igualdade:
“Imperfectas”. Tamén leron poemas de algúns dos libros recentemente adquiridos na biblioteca como son "Polifonías: Voces poéticas contra a violencia de xénero" o "Libro do mal amor"
Os participantes demostraron as súas dotes artísticas e literarias así como a súa implicación na reivindicación da igualdade de xénero nunha actuación que recibiu os aplausos e felicitacións de numerosas persoas congregadas na rúa diante da praza do Concello.

Preme aquí para acceder ao vídeo e información.
Preme na imaxe para acceder á galería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario