Os alumnos de 4º da ESO e 1º
de Bacharelato que participan no Proxecto de Voluntariado das Bibliotecas
Escolares visitaron o pasado 18 de marzo as instalacións da Biblioteca
Municipal de Ponteareas e coñeceron de primeira mán como é a súa organización e
os distintos sistemas de catalogación que alí se utilizan. A visita forma parte da
súa formación como voluntarios da nosa Augateca e tamén incluíu unha eplicación
do museo de Ponteareas.
Na actividade participaban tamén alumnos e alumnas do Club de Lectura do IES Ponteareas e o IES Val do Tea, cos que fixemos planes para organizar nun futuro outras iniciativas conxuntas de animación á lectura.

Preme na imaxe para visitar a
galería.
Ningún comentario:
Publicar un comentario