21 de marzo de 2017

ENCONTROS PLAMBE 2016/2017

Os días 16 e 17 da semana anterior, participamos nos ENCONTROS do PLAN MELLORA de BIBLIOTECAS ESCOLARES, celebrados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Acudiron 615 coordinadores das bibliotecas inscritas.



O programa, moi apertado, abordou os principais retos educativos que deben afrontar as bibliotecas dos nosos centros, especialmente os relacionados cas competencias en medios e información, fomento da lectura, desenvolvemento do pensamento crítico e a dinamización de proxectos preferentemente interdisciplinarios.



Un novo impulso para seguir adiante.

7 de marzo de 2017

NOVAS ADQUISICIÓNS

Os fondos da Augateca seguen crecendo. Pescuda entre as novidades!!! 

Danos túa opinión 👍📙📘📗  e ... corre, que quedas sen eles!!!




3 de marzo de 2017

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA

Xa temos unha nova edición do concurso de FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA, e imos colaborar como todos os anos  cos de mates, pero dunha maneira máis especial si cabe , xa que este curso exercemos de TERRITORIO AS ARTES e imos celebrar un MES DE CIENCIA en maio, de cuxo programa de actividades forma parte o concurso.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

AQUÍ TEDES AS BASES 😉





FOTOS DO RECITAL "ROSALÍA"

Xa temos as fotos do recital de poemas de Rosalía que realizamos o pasado día 24 na Augateca.

Preme no link  🔻para botar unha ollada 👀

fotos do recital

21 de febreiro de 2017

SEMPERE E IRLANDA II

A actividade que tiñamos preparada para nosos convidados irlandeses do proxecto Erasmus+ Ponteareas-Galway foi todo un éxito.

 Alumnado e profesores participaron nas diversas fases da mesma, tanto na Augateca como na aula de plástica, por onde rotaron por quendas, con verdadeiro entusiasmo.

O noso alumnado de 4º ESO púxolles ao tanto da figura de Sempere e a súa experiencia co "light painting", e propúxolles reeditala con debuxos e fotografías dos motivos que máis se repiten nos petróglifos, tanto galegos como irlandeses, para logo montar unha animación con música celta.

Aquí tedes o vídeo do making-of 🔻👀👂


E aquí 👇 o produto final. CHULÍSMO,NON? 😍


20 de febreiro de 2017

CONCURSO DE MICRORRELATOS


CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO O 23 DE ABRIL O GRUPO DE BIBLIOTECA ORGANIZOU UN CONCURSO DE MICRORRELATOS PARA QUE PARTICIPE TODO O ALUMNADO DO CENTRO.



ANÍMATE A PARTICIPAR. TEDES ATA O 31 DE MARZO PARA FACER O VOSO MICRORRELATO.