7 de maio de 2018
4 de maio de 2018
SEGUIMOS
A FALAR DA SEMANA DO LIBRO, fixemos tantas cousas o pasamos tan
ben!.
O
día 25 entregamos os premios aos gañadores do II
CONCURSO DE MICRORRELATOS AUGATECA:
1º PREMIO: “MUNDO DE BESTIAS” José Luis Martínez Julián. 2º ESO B.
2º PREMIO: “DIARIO DE UN DETECTIVE EN CUBIERTA. 00:00 A.M.”
Juliana Álvarez De Santamarina Conceiçâo. 2º ESO A.
CATEGORÍA 3º/4º ESO:
1º PREMIO:”NOCHE TENEBROSA”. Lorena Faro. 4º ESO A.
2º PREMIO:”EL MONSTRUO”. Nerea Ucha López. 3º ESO B.
CATEGORÍA 1º/2º BACH.
1º PREMIO: “ESTABA ENTRE NÓS”. Paula Catarino Amoedo. 1º BACH. B.
2º PREMIO:”MADUREZ”. Arantxa Estévez Baca. 1º BACH. B
PARABÉNS A TODOS POLA VOSA PARTICIPACIÓN, que lle puxo moi difícil a tarefa ao xurado tanto pola elevada participación como polo enxeño dos relatos.👏👏👏
Aquí tedes os textos galardoados 👀 👇
O
xoves 26, as alumnas colaboradoras da AugatecaAroa Carballido e
Zaira Soliño, de 1º Bach. A, coordinaron e moderaron a PROXECCIÓN
E FORO sobre a curta “Los fantásticos libros voladores del señor
Morris Lessmore”, no que participaron alumnos e alumnas de 3º ESO
A, a 2ª hora, e o de 3ºB+PMAR a 3ª hora.A actividade resultou moi animada polas aportacións que realizaron todos eles á hora de analizar e comentar unha curta tan rica en lecturas.
E PARA REMATAR
AQUÍ TEDES O VÍDEO 👀👂 QUE MONTAMOS CAS ACTIVIDADES E O
EXITOSO MERCADIÑO DE LIBROS 👇
3 de maio de 2018
GUSTOUCHE A SEMANA DO LIBRO?
Nós
rematamos
case sen folgos!😉
A
actividade máis esperada e de maior éxito foi sen dúbida
GRAZAS pola vosa resposta!
e un aplauso 👏👏👏 para o noso EQUIPO DE COLABORADORES, que o prepararon durante días e, chegado o día 23,
repartiron entusiasmo nun ambiente festivo,facéndonos pasar un rato moi agradable!
repartiron entusiasmo nun ambiente festivo,facéndonos pasar un rato moi agradable!
O
día 24 inauguramos DÚAS
EXPOSICIÓNS:
-
a primeira, “Breve paseo editorial por el Quijote”, organizada ca colaboración do Departamento de Lingua castelá, foi posible gracias a cesión temporal dos exemplares máis variados que a comunidade educativa tiña nas súas bibliotecas particulares, dende edicións do século XVIII, cómics, traduccións a outras linguas,versións cinematográficas... UN LUXO!
- a segunda, “O universo de Frankenstein”, recolleu os resultados dos traballos realizados polo noso alumnado, en resposta ao proxecto que impulsamos para conmemorar o bicentenario da publicación de “Frankenstein o El moderno Prometeo” de Mary Shelley, e a partir da mostra de materiais e recursos a vosa disposición na Augateca e neste blog, no mes de xaneiro.
As aportacións foron as seguintes:
-
O
alumnado de 4º ESO: leu a obra adaptada en inglés
e redactou pequenos comentarios neste idioma; traballou na materia de
historia
o contexto histórico da obra e da súa autora, as achegas e
influencias que recolle do entorno familiar, intelectual, artístico
e científico, plasmándoo
nun organigrama-mural; e recolleu
datos biográficos doutras mulleres contemporáneas de Mary Shelley
na materia de valores
éticos.
-
O alumnado de grego
de 1º de Bacharelato elaborou
un vídeo no que analiza o mito de Prometeo co apoio visual de cadros
de todos os tempos e conclúe analizando as diferencias e similitudes
coa novela de Frankenstein, con
música de Ludwig van Beethoven,
“Las criaturas de Prometeo”. MOI
INTERESANTE!😍
- O alumnado de 1º ESO, na materia de ética, traballou as emocións da criatura e o seu creador, plasmadas mediante debuxos.
- O alumnado de 3ºESO na materia de EPVeA deu renda solta a súa creatividade imaxinando, a partir do texto lido, como sería a aparencia do monstro, empregando a cor como elemento clave para resaltar as súas características físicas e psicolóxicas.
PERO MOITO MELLOR E QUE 👀UN RESUMO DAS EXPOSICIÓNS!!! 👇
- O alumnado de 4ºESO elaborou uns booktrailers para animarvos a ler a novela se non a coñecedes.
2 de maio de 2018
MES DA CIENCIA NA AUGATECA
Chegou
maio, o esperado MES DA CIENCIA NA AUGATECA.
Este ano aspiramos a superar o éxito do pasado curso cun variado e
ambicioso abano de actividades e proxectos nos que levades e levamos
traballando todo o curso.
Aquí
tedes o programa!.👇 Que o desfrutedes!😁
20 de abril de 2018
16 de abril de 2018
ENCONTROS PLAMBE 2017/2018
O pasado venres acudimos aos ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, celebrado no palacio de congresos de Santiago de Compostela, para estar ao tanto dos cambios que está a experimentar a BE como espazo de información, investigación e socialización.
Unha chea de intersantes experiencias para inspirarnos!
Unha chea de intersantes experiencias para inspirarnos!
3 de abril de 2018
CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
Un
curso máis animámosvos
a participar no CONCURSO
DE FOTOGRAFÍA
convocado polo Departamento de Matemáticas,
coa colaboración da Augateca.
Tedes
de prazo ata o 2 de maio, inclusive.
(non fagades caso do cartel 😉)
A
exposición das vosas fotografías e a entrega de premios, terá
lugar o 14 de maio, no contexto das actividades do MES
DA CIENCIA
organizado pola nosa biblioteca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
















