1 de abril de 2022
30 de marzo de 2022
O SEGREDO DE PILAR
Onte o alumnado do Club de Lectura- Augateca esperaba ilusionado á autora da novela que estas últimas semanas ocupara o seu tempo de lectura, de reflexión e de charla. E non lles defraudou!, todo o contrario.
Pilar Ortega esmerouse cos seus interlocutores favoritos, os lectores xuvenís, respondendo as preguntas que aos poucos foron desvelando o xerme da novela que lles cativou, os seus lazos afectivos cos personaxes, o proceso creativo... Para adentrarse, ao mesmo tempo, na súa vocación temperá de escritora, as súas peripecias editoriais, a ansiada e necesaria gratificación que supoñen os premios literarios, etc.
Agradecemos a Pilar a naturalidade e o agarimo que nos brindou. Esperamos que as obras nas que traballa cheguen pronto ás librarías, para atoparnos de novo ao redor delas.
E aos que aínda non leron “Ou segredo da Al’ Eume” dicirlles que non o pensen, encantaravos como a todos nós. (Ah!, agora temos todos os exemplares firmados pola autora! 😎 )
A continuación tedes as fotos do coloquio na Augateca e un vídeo da entrevista radiofónica, que podedes volver a escoitar nos podcast da Augaradio..👀👂👇
Parabéns a todos os que participaron polo seu excelente traballo!!! 👏👏👏
28 de marzo de 2022
23 de marzo de 2022
Proxecto Maker
CIFRAS E LETRAS , ONDE MELLOR QUE NA AUGATECA!!!
O pasado venres a Augateca viuse desbordada pola enorme participación no concurso que, en colaboración co Departamento de matemáticas, organizamos desde noso espazo creativo.
Os coarenta minutos do recreo fixéronse pouco para os entretidos participantes e, por elo, prometemos unha nova edición antes de que remate o curso. 😍













