13 de xaneiro de 2015

Libros de aventura

As novidades xuvenís de xaneiro chegan cargadas de adrenalina...
Consulta os libros e os seus argumentos pinchando na imaxe.


19 de decembro de 2014

18 de decembro de 2014

Libros + cine

Despedimos o trimestre, como parte das actividades navideñas, coa proxección de dúas estupendas películas baseadas en senllas novelas moi recomendables:

  •  "Cometas no ceo"
  •  "Nin un menos"
Foron un éxito. Comentarémolas á volta de vacacións, coa axuda das fichas que cubristes.



12 de decembro de 2014

J.M. Gisbert na Augateca

No encontro que tivo lugar primeiro no salón de actos e despois na biblioteca, o escritor retou a nosa imaxinación con enigmas , soños e labirintos, creando unha atmosfera máxica, moi próxima á dos seus libros.
Como colofón estampou a súa firma e simpatía en todos os exemplares que da súa obra puxemos ao seu alcance.Prometeu volver!






8 de novembro de 2014

Trala pista do crime

Chega á Augateca unha chea de exemplares de novela negra, moitos deles adaptados xa ó cinema. Aínda que este xénero tense posto moi de moda por mor dos autores nórdicos, hai moi bos títulos con outras procedencias, incluso do noso país.
Elixe o que máis che seduce e vén buscalo á Augateca!
Preme na imaxe para acceder ós títulos e ás sinopses

3 de novembro de 2014

Samaín

Os rapaces de 4º de ESO atemorizaron ó alumnado de 1º da ESO coas súas historias... aínda que, desta volta, non se trataba de amedrentalos co profesorado co que é máis difícil aprobar ou coas novatadas que lles podían agardar no insti ;-)
Nesta ocasión, Brenda e Naila, leron e dramatizaron historias de medo da literatura universal ("El corazón delator", de EDGAR ALAN POE  e "¿Fue un sueño?", de GUY DE MAUPASSANT).
Fixéronnos pasar bastante medo, ó que tamén contribuiu a ambientación da Augateca, que se puxo para a ocasión as súas máis aterradoras galas.

SAMAÍN on PhotoPeach