29 de abril de 2022

BROCHE DE OURO PARA A SEMANA DO LIBRO

Onte entregamos os premios 🏆 aos gañadores do V CONCURSO DE MICRORRELATOS-AUGATECA (cuxa acta publicamos o pasado luns), un libro escollido de xeito personalizado e un vade para súa mesa de estudo.

Algúns deles, a dicir do xurado, teñen un talento que deben cultivar e desenvolver. Non lles perderemos a pista! 😉

Parabéns a todos eles!!!.

👏👏👏


E hoxe rematamos a SEMANA DO LIBRO por todo o alto: XOGAMOS AO TRIVIAL!. A Augateca tomou a palabra con preguntas aos equipos concursantes sobre as máis variadas materias. Para elo contamos ca colaboración dos departamentos de Matemáticas e Galego.

O nivel foi moi bo! 😎💪

Grazas a todos pola vosa participación!!! 

Tedes unha reportaxe de ambos eventos neste vídeo 👀😍👇


 

28 de abril de 2022

MERCAR UN LIBRO , UN SOÑO, UNHA VIAXE ...

Recobramos para a SEMANA DO LIBRO unha das actividades máis celebradas, O MERCADIÑO DE LIBROS.

A oferta foi do máis variada, grazas as vosas doazóns.

O facer dos voluntarios e voluntarias da Augateca, nun alarde de simpatía e profesionalidade, fixo do evento unha festa chea de bo humor, música e recomendacións lectoras.😉😍


Moitas grazas por participar!!!

👏👏👏

No seguinte vídeo 👀👂 tedes a reportaxe do mercadiño que fixemos e que inclúe tamén imaxes da actividade “UN LIBRO PARA TEU AMIGO INVISIBLE”, protagonizada polo profesorado un día antes.👇








27 de abril de 2022

EFEMÉRIDES LITERARIAS PARA RECORDAR NA SEMANA DO LIBRO

O alumnado de 1º BACH na materia de Literatura realizou, a petición da Augateca  e  en colaboración con ela, un pequeno traballo de investigación para expoñer na SEMANA do LIBRO que estamos a desenvolver estes días.
As obras reseñadas e os autores homenaxeados pódelos atopar nos fondos da BE. 
Anímate a coñecelos!!!






23 de abril de 2022

DE NOVO A MAXIA DA PALABRA

 

Que mellor para inaugurar as xornadas da SEMANA DO LIBRO, que organizamos cada curso desde a Augateca, este ano baixo o lema “A biblioteca ten a palabra”, que un CONTACONTOS en francés.

Fillo da tradición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste de Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes antigas. E alí encontra a inspiración para o seu amplo e variado repertorio, formado fundamentalmente por historias, anécdotas, parábolas e mitos africanos.

O alumnado da ESO, asistiu e interactuou con el en quendas ao longo da maña, acadando unha atmosfera máxica entretecida a base de palabras.